Publicacións online

Neste apartado atoparedes algunhas publicacións, propias e alleas, sobre cuestións vinculadas coa Cooperación ao Desenvolvemento, a Educación para a Cidadanía Global, a Acción Humanitaria e o Comercio Xusto. Podedes utilizar as etiquetas temáticas para filtrar os vosos intereses.

Comercio Xusto e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Autoría Coordinadora Estatal de Comercio Justo Resumo Número 7 da serie de informes divulgativos 'Cuadernos de Comercio Justo', que analiza a contribución do Comercio Xusto, a través dos seus 10 principios, aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Temática Axenda 2030 , Comercio Xusto , ONGD Ler documento

A implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible na Xunta de Galicia

Autoría Universidade Complutense de Madrid Resumo Este estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixido polo profesor José Antonio Alonso, trata de explorar o enfoque e os procedementos a través dos cales se pode adoptar e adaptar a Axenda2030 ODS ao ámbito das competencias propias da Xunta de Galicia, así como identificar as implicacións que se derivarían dese proceso en termos de mecanismos institucionais para o seguimento da Axenda. Temática Axenda 2030 , Cooperación Galega Ler documento

Informe 2017/2018. Situación dos Dereitos Humanos no mundo

Autoría Amnistía Internacional Resumo Neste informe de Amnistía Internacional recóllense as violacións de Dereitos Humanos en 159 países e territorios durante 2017 analizadas por persoas expertas e investigadoras de Amnistía Internacional. Inclúe o Estado español. Temática DDHH , Informes Ler documento

IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021

Autoría Xunta de Galicia Resumo O IV Plan Director da Cooperación Galega é o documento que marca as liñas de traballo da política pública de cooperación da Xunta de Galicia para os vindeiros catro anos. Foi aprobado no Parlamento en xuño de 2018. Temática Cooperación Galega , Lexislación Ler documento

Avaliación do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017

Autoría Xunta de Galicia Resumo Informe elaborado por José Luis Pastoriza Rozas a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no que se avalía a implementación do III Plan Director e se incorporan recomendacións de mellora. Temática Cooperación Galega , Lexislación Ler documento

Plan anual 2018 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento

Autoría Xunta de Galicia Resumo Este documento recolle os compromisos, os instrumentos de actuación e os recursos orzamentarios que o goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2018 Temática Cooperación Galega Ler documento

Plan Director de la Cooperación Española 2018-2021

Autoría Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación Resumo Este é o quinto Plan Director da Cooperación Española que marcará a política pública de cooperación do goberno español ata 2021. Temática Cooperación Española Ler documento

Informe 2016 da Cooperación Galega

Autoría Xunta de Galicia Resumo Presentamos neste documento o Informe anual de Cooperación Galega 2016, no que damos conta á cidadanía galega das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para dar cumprimento aos nosos compromisos coa cooperación para o desenvolvemento recollidos no III Plan director 2014-2017. Temática Cooperación Galega Ler documento

Informe sobre o sector das ONGD españolas 2017

Autoría Resumo O Informe do Sector 2017 presenta os datos de 76 ONGD e de 17 Coordinadoras Autonómicas, referidos aos anos 2015 e 2016. Este é un exercicio colectivo de rendición de contas que ofrece datos sobre o que fan as ONGD, onde traballan, a procedencia dos seus recursos económicos, o seu destino e a base social que a fai posible a súa existencia e sostibilidade. Temática Cooperación Española , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento

Cooperando. XX anos de traballo solidario en Galicia

Autoría Coordinadora Galega de ONGD Resumo Cooperar é unha esixencia ética que nos obriga á salvagarda dos dereitos de todas as mulleres e homes do mundo. Temática Cooperación Galega , ONGD Ler documento

Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Autoría Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD Resumo A publicación que este ano 2011 presenta a Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) quere ser un resumo das principais ensinanzas derivadas da integración da perspectiva de xénero na cooperación ao desenvolvemento. Non pretende ser nin exhaustiva nin detallada en exceso, senón unha ferramenta útil e efectiva para as ONGD galegas que queiran avanzar, un pasiño máis, cara á igualdade. Temática ONGD , Xénero Ler documento

Pacto Galego contra a Pobreza

Autoría A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo O Pacto Galego contra a Pobreza xorde en 2009 como iniciativa da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.\r\n\r\nO texto do Pacto recolle compromisos políticos concretos en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento e de loita contra as desigualdades e a inxustiza social. Ditos acordos foron consensuados coas partes asinantes para situar a cooperación ao desenvolvemento fóra dos intereses partidistas e das estratexias dos períodos de goberno concretos. Temática Cooperación Galega , Lexislación , ONGD Ler documento

Xénero e Desenvolvemento

Autoría Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) constitúese o 21 de xuño de 2007, tras a celebración da Asemblea Xeral do 26 de maio do 2007 na que se formulou a necesidade de crear Comisións de Traballo internas da Coordinadora co fin de paliar o déficit de participación real das ONGD integradas e para dar un pulo ao funcionamento da propia Coordinadora. Temática Educación para a Cidadanía Global , ONGD , Xénero Ler documento

Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento 2010 – 2012

Autoría Alicia López Fariña e Estíbaliz Táboas Pazos Resumo O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) propúxose abrir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de Fortalecemento e ED aprobados no ano 2012. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento

Informe de Avaliación das accións de Educación para o Desenvolvemento

Autoría Xunta de Galicia Resumo Documento elaborado por Alicia López Fariña, Aida Pérez Salgado, Estíbaliz Táboas Pazos e Laura Doval Lodeiro a solicitude da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento

Estrategia de Educación para el Desarrollo de la Cooperación Española

Autoría Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación Resumo Este documento de estratexia sectorial foi elaborado en 2007 é exercicio de reflexión e participación arredor da Educación para o Desenvolvemento. Temática Cooperación Española , Educación para a Cidadanía Global , Lexislación Ler documento