Informe do resultado do proceso de elaboración da Estratexia de educación para o desenvolvemento da cooperación galega

Autoría Xunta de Galicia Resumo Documento elaborado por Tempo de Loaira S. Coop. Galega a solicitude da Xunta de Galicia para dar resposta ao compromiso do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 para a mellora da planificación e xestión das actuacións e a definición dun marco estratéxico de acción en educación e comunicación para o desenvolvemento. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , Informes , ONGD Ler documento

Informe sobre o sector das ONGD españolas 2017

Autoría Resumo O Informe do Sector 2017 presenta os datos de 76 ONGD e de 17 Coordinadoras Autonómicas, referidos aos anos 2015 e 2016. Este é un exercicio colectivo de rendición de contas que ofrece datos sobre o que fan as ONGD, onde traballan, a procedencia dos seus recursos económicos, o seu destino e a base social que a fai posible a súa existencia e sostibilidade. Temática Cooperación Española , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento

Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Autoría Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD Resumo A publicación que este ano 2011 presenta a Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) quere ser un resumo das principais ensinanzas derivadas da integración da perspectiva de xénero na cooperación ao desenvolvemento. Non pretende ser nin exhaustiva nin detallada en exceso, senón unha ferramenta útil e efectiva para as ONGD galegas que queiran avanzar, un pasiño máis, cara á igualdade. Temática ONGD , Xénero Ler documento

Pacto Galego contra a Pobreza

Autoría A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo O Pacto Galego contra a Pobreza xorde en 2009 como iniciativa da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.\r\n\r\nO texto do Pacto recolle compromisos políticos concretos en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento e de loita contra as desigualdades e a inxustiza social. Ditos acordos foron consensuados coas partes asinantes para situar a cooperación ao desenvolvemento fóra dos intereses partidistas e das estratexias dos períodos de goberno concretos. Temática Cooperación Galega , Lexislación , ONGD Ler documento

Xénero e Desenvolvemento

Autoría Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) constitúese o 21 de xuño de 2007, tras a celebración da Asemblea Xeral do 26 de maio do 2007 na que se formulou a necesidade de crear Comisións de Traballo internas da Coordinadora co fin de paliar o déficit de participación real das ONGD integradas e para dar un pulo ao funcionamento da propia Coordinadora. Temática Educación para a Cidadanía Global , ONGD , Xénero Ler documento

Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento 2010 – 2012

Autoría Alicia López Fariña e Estíbaliz Táboas Pazos Resumo O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) propúxose abrir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de Fortalecemento e ED aprobados no ano 2012. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento