Xunta Directiva
A Xunta Directiva é o órgano de representación e toma de decisións da Coordinadora e está formada por representantes das ONGD membro. As persoas que forman parte da Directiva son escollida pola Asemblea.
María Paz foi elixida presidenta da Coordinadora Galega de ONGD na Asemblea Xeral do 07 de xuño de 2023. O actual equipo directivo conta con dez persoas.
Presidencia
Licenciada en Ciencias Políticas é directora de Solidariedade Internacional de Galicia desde 2004. É membro do Consello de Acción Voluntaria desde o ano 2014 como representante da Coordinadora, membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE). Entre 2011 e 2017 foi Vicepresidenta da Coordinadora.
Lorena Seijo Sanmiguel
Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social
coordinacion@agareso.orgVicepresidencia
Coordinadora da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) desde 2016. Hai 11 anos que traballa desde Galicia en Cooperación Internacional, pero a súa especialidade é o xornalismo en dereitos humanos. Residiu en Guatemala durante 7 anos e alí centrou a maior parte das súas publicacións nas violacións dos dereitos humanos, a problemática dos pobos indíxenas, as consecuencias do conflito armado, a violencia contra as mulleres e os efectos do crime organizado en Centroamérica. É vogal da Coordinadora desde 2014.
Secretaría
Foi presidenta da Coordinadora de 2011 a 2017 e dende 2011 forma parte da Comisión de Normativa e Código de Conduta. É presidenta da ONG Médicos del Mundo en Galicia. Participa na Red de Coordinadoras Autonómicas desde o ano 2013 como representante da Coordinadora no período 2015 – 2020 asumíu a Vicepresidenta II da Junta de Gobierno da Coordinadora de ONGD-España. É membro do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE).
Tesourería
Licenciado en Ciencias Empresariais traballa na Fundación FABRE desde 2012 onde dirixe a área de Cooperación para o Desenvolvemento. Do 2007 ao 2012 traballou na Fundación CUME, organización á que representou no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE). Tamén forma parte da Comisión de Normativa e Código de Conduta da Coordinadora. É o Tesoureiro da Coordinadora desde 2018.
Vogalía
Licenciada en Ciencias Políticas conta con diversa experiencia no terceiro sector, onde desenvolveu distintas labores no eido da ensinanza e da xestión de proxectos. Desde 2012 é a técnica responsable da área de cooperación da asociación Amigos da Terra. Formou parte tamén da directiva da organización entre 2015 e 2021, ocupando o posto de tesourería. É vogal da Coordinadora desde 2014 e forma parte da Comisión de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global e a Comisión de Incidencia Política.
Vogalía
Periodista e historiadora, responsable de Comunicación da ONG Ecos do Sur desde 2011, onde lidera tamén a liña de traballo fronte ao discurso de odio e a desinformación. Vogal da Coordinadora desde 2021.
Vogalía
Exerceu o periodismo en diversos medios de comunicación (prensa, radio, internet, televisión) así como diferentes labores en gabinetes da administración autonómica e consultorías en varias empresas. Cunha longa experiencia de voluntariado a nivel local, a partir de 2012 inicia a súa traxectoria na Fundación Entreculturas como voluntario, despois como delegado e, desde 2017, como técnico e coordinador das equipas de Vigo, A Coruña, Santiago, Oviedo e Xixón. Asume a representación da ONGD en Galicia e Asturias. É vogal da Coordinadora desde 2021
Vogalía
Psicóloga especializada en deseño e xestión de políticas e programas sociais. Leva máis de 20 anos adicados á educación e á infancia, coordinando programas e estudos no Ministerio de Educación de Arxentina, en Educación Sen Fronteiras ESF España e actualmente en Educo, sede de Galicia. Realizou un Máster en xestión de entidades sen ánimo de lucro, exercendo como xefe de administración e finanzas de Educación Sen Fronteiras.
Vogalía
É coordinadora de proxectos de cooperación internacional de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia dende o ano 2008. Acumula máis de 11 anos de experiencia como cooperante en Guatemala coordinando proxectos de cooperación en diferentes sectores (vivenda, sanidade, educación), todos eles focalizados no dereito ao hábitat e o fortalecemento comunitario como eixo articulador. Foi tamén tesoureira da Xunta Directiva de Arquitectura Sen Fronteiras España no período 2016-2019.
Vogalía
É Arquitecta Técnica de profesión, e está especializada en Planificación e xestión territorial ademais de en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento. Con experiencia de voluntariado en ESF Galicia desde o 2016 e sendo Vicepresidenta dende 2018 ao 2020. Traballou no ámbito da Cooperación para o Desenvolvemento en Honduras e Perú, en Perú na Oficina Técnica de Cooperación da AECID, no Programa de Patrimonio Cultural e en Honduras con Enxeñería Sen Fronteiras.