Grupos de Traballo

Os grupos de traballo son o espazos de participación directa de persoas representantes das ONGD (integradas e non integradas). Neles intercámbianse experiencias, aprendizaxes e recursos e trabállase para impulsar accións específicas para cumprir os obxectivos consensuados no Plan Estratéxico da Coordinadora.

As Comisións son grupos formados por representantes das ONGD, da Xunta Directiva e persoal técnico da Coordinadora nos que se traballa sobre temáticas concretas. Os grupos territoriais son espazos de traballo local no que as ONGD de cada territorio traballan conxuntamente para levar a cabo actividades e accións de incidencia. Por último, tamén existen grupos creados ad hoc para a coordinación e resolución de cuestións específicas e o seu funcionamento está limitado a un período e temática determinados.


COMISIÓN DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Pretende consolidar o enfoque de Educación para a Cidadanía Global (ECG) ao interno das ONGD e nos órganos membro da Coordinadora; apoiar no fomento dunha cidadanía galega comprometida coa loita contra as desigualdades; e impulsar accións de incidencia para incorporar a ECG nas políticas públicas en materia de educación.

Actualmente forman parte desta Comisión 9 ONGD: AGARESO, Amigos da Terra, Asemblea de Cooperación pola Paz, Educo, Enxeñería sen Fronteiras, Farmamundi, InteRed, Mans Unidas, Solidariedade Internacional de Galicia e a Secretaría Técnica da Coordinadora.

Contactar por email


COMISIÓN DE INCIDENCIA POLÍTICA

Traballa para mellorar a política pública e social de cooperación ao desenvolvemento de ámbito autonómico e local que recoñeza ás ONGD como axentes clave para a transformación social e política; para promover estratexias para incorporar a Coherencia de Políticas nas administracións públicas galegas; e mellorar as capacidades das ONGD membro en materia de incidencia política.

Actualmente forman parte desta Comisión 6 ONGD: Amigos da Terra, Arquitectura sen Fronteiras, Asemblea de Cooperación pola Paz, Educo, Enxeñería sen Fronteiras, Entreculturas e a Secretería Técnica da Coordinadora.

Contactar por email


COMISIÓN DE NORMATIVA E TRANSPARENCIA

Promove a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do Código de Conduta das organizacións da Coordinadora.

Actualmente forman parte desta Comisión: Fundación Fabre, Médicos do Mundo, Solidariedade Galega e a Secretaría Técnica da Coordinadora.

Contactar por email


GRUPO TERRITORIAL NORTE

Está formado polas ONGD de A Coruña. Actualmente forman parte Arquitectura sen Fronteiras, Axuda en Acción, Ecos do Sur, Ecodesarrollo Gaia, Educo, Entreculturas, Enxeñería sen Fronteiras, Farmamundi, Mans Unidas, Miradas al Mundo, Oxfam Intermon, Semilla para el Cambio, Solidariedade Galega, Solidariedade Internacional de Galicia e Terra de Homes.

Contactar por email


GRUPO TERRITORIAL LUGO

Está formado polas ONGD con presencia en Lugo. Actualmente forman parte: Asemblea de Cooperación pola Paz, Mans Unidas, Solidariedade Internacional Galicia e Taller de Solidariedade.

Contactar por email


GRUPO TERRITORIAL SUR

Está formado polas ONGD de Vigo. Actualmente son Amigos da Terra, Entreculturas, Oxfam Intermón, Proclade e Taller de Solidariedade.

Contactar por email