Equipo Técnico
A Coordinadora conta cun equipo técnico formado por tres persoas.
Área de administración
Ana Vázquez Fernández
administracion@galiciasolidaria.orgLicenciada en Administración e Dirección de Empresas, entra no mundo das ONGD a través do voluntariado na súa etapa universitaria. Dende hai 11 anos é responsable da área de administración da Coordinadora. É defensora dun voluntariado transformador co que conseguir unha sociedade máis xusta e comprometida.
Área de comunicación
Helena Capera Cullell
sensibilizacion@galiciasolidaria.orgLicenciada en Xornalismo, traballou na radio e en medios de prensa escrita antes de saltar ao sector das ONGD. Dende hai 11 anos é responsable da área de comunicación e sensibilización da Coordinadora. Fóra e dentro da oficina é activista feminista e defensora das linguas minorizadas.
Área de xestión de proxectos
Sara García Mato
proxectos@galiciasolidaria.orgLicenciada en Ciencias Políticas e da Administración, antes de aterrar na Coordinadora traballou na universidade e nas ONGD, sempre no eido da cooperación ao desenvolvemento. Dende hai 9 anos é responsable da área de incidencia política e xestión de proxectos. É tamén militante doutras causas políticas e sociais para acadar un mundo máis xusto.