Traballa en rede con outras organizacións galegas comprometidas coa xustiza social e a loita contra as desigualdades globais desde un modelo de cooperación transformadora.
Únete á Coordinadora para chegar máis lonxe entre todas. Temos un montón de boas razóns!
Uníndote á Coordinadora...
Apoias o traballo en rede. Formarás parte da plataforma que aglutina as principais organizacións de cooperación ao desenvolvemento de Galicia, que coordinan traballo e campañas para aumentar o seu impacto.
Formas parte do espazo de encontro e apoio mutuo entre ONGD galegas. Un espazo no que compartir experiencias, saberes e inquedanzas; onde aprender conxuntamente coas outras.
Melloras a túa capacidade de incidencia. A Coordinadora é o interlocutor principal coas administracións públicas e forzas políticas galegas en materia de cooperación internacional, educación para o desenvolvemento, etc.
Aumentas a túa información sobre o sector. Recibirás no teu correo, de xeito periódico, información sobre o traballo interno da Coordinadora e as redes nas que participa, así como convocatorias, cambios na normativas, eventos, novas relevantes, etc.
Impulsas a túa formación. A Coordinadora conta cun programa de formación sobre temas do teu interese e financia a matrícula de cursos para o teu persoal técnico e/ou voluntario e mesmo as persoas socias. Ademais conta cunha liña de apoio específico e mentoría para ONGD pequenas.
Melloras a túa presenza pública. Recibirás apoio e asesoramento na túa relación cos medios de comunicación e aparecerás nas nosas canles propias de comunicación (web, redes sociais, newsletter), nas que poderás difundir as túas campañas, convocatorias ou eventos.
Contas con asesoramento técnico especializado sobre convocatorias, formulación de proxectos, cuestións administrativas ou comunicación.
Multiplicas as túas posibilidades nas convocatorias. Formar parte da Coordinadora puntúa en moitas das convocatorias galegas para ONGD. Ademais, contarás con axuda para obter o Selo de Transparencia e Bo Goberno da Coordinadora Estatal.
Podes ser parte da Coordinadora se…
Para formar parte da Coordinadora Galega de ONGD, segundo os nosos estatutos, é necesario:
Estar constituída como ONGD sen fins lucrativos e non ter dependendencia orgánica de ningunha administración pública, grupo empresarial ou calquera outras entidade pública e privada.
Ter sede ou delegación permanente en Galicia e estar inscrita no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, sección ONGD, cun mínimo de dous anos de antigüidade* no momento de presentar a solicitude.
Contar cunha organización estable e cun grao mínimo de estrutura, así como respaldo social e accións en Galicia.
Ser transparente nas túas práticas e no teu funcionamento e cumprir o Código de Conduta da Coordinadora.
* Se levas menos de dous anos inscrita no rexistro, podes entrar na Coordinadora baixo a figura de “ONGD convidada”… Para máis información sobre esta figura ponte en contacto con nós
Cotas
Na Coordinadora as cotas son progresivas: as ONGD pequenas e con menos posibilidades, pagan menos que as grandes.
As cotas para formar parte da coordinadora son:
Cota básica
187,50 €
(ano)
Cota regular*
375,00 €
(ano)
* A cota de 375 € aplícase a ONGD que cumpren polo menos 1 dos seguintes supostos:
- Máis de 500 socios/as en Galicia
- Máis de 5 empregados/as en Galicia
- Máis de 5 millóns de euros de ingresos a nivel estatal
- Máis de 100.000 euros de ingresos en Galicia
De acordo, quero unirme á Coordinadora. Como fago?
É ben sinxelo! Escríbenos solicitando o ingreso na Coordinadora: os requisitos que necesitas cumprir están recollidos neste documento.
Lembra que o prazo de solicitude remata o 31 de xaneiro do ano vixente!