Voluntariado en Galicia

Queres facer voluntariado nas ONGD?

Neste apartado ofrecemos un buscador con informción práctica para a túa busca: tipo de voluntariado que ofrecen as ONGD integradas na Coordinadora (ámbito de traballo, cidades e vilas onde hai grupos formados, contactos…) e outras páxinas web onde podes atopar ofertas de voluntariado concretas.

Recomendamos que ademais de ter en conta os ámbitos de especialización de cada organización ou o lugar onde hai grupos de voluntariado, revises a misión e a visión da ONGD para asegurarte que os obxectivos e a forma de entender a transformación social están en sintonía contigo.

Tamén recomendamos que unha vez feita a escolla te poñas en contacto coas ONGD vía correo electrónico ou telefonicamente para resolver as dúbidas que poidas ter e para marcar unha data de encontro presencial.

 

Estas son as opcións de voluntariado que ofrecen as ONGD da Coordinadora:

    Atopar unha oportunidade
  • AGARESO

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Lugo e Pontevedra

    As vías de colaboración en Agareso son diversas e cada persoa voluntaria determina o seu nivel de implicación. A base social da organización está formada principalmente por persoas do eido da comunicación e a súa participación vai vinculada á realización de vídeos, documentais, fotografías, textos e actividades de visibilización. AGARESO ofrece ao voluntariado oportunidade de formarse en comunicación para o cambio social, tanto en cooperación como en educación, participar nas redes das que a organización forma parte e acompañar os proxectos que se levan a cabo en Galicia.

    Teléfono 986 857 045

    Correo de contacto voluntariado@agareso.org

    Ampliar información

  • AIDA. Ayuda, Intercambio y Desarrollo

    Cidades / Vilas Vigo

    O voluntariado pode participar na rede de librarías solidarias AIDA Books&More, concretamente en AIDA Books Vigo (rúa/ México, 13). Recollemos libros doados para vendelos e financiar así os proxectos de cooperación. Neste marco, o voluntariado colabora na xestión diaria do proxecto: organización da libraría, atención ao público, comunicación e difusión, posta en marcha de actividades, etc.

    Teléfono 91 411 67 48

    Correo de contacto aidabooksvigo@ong-aida.org

    Ampliar información

  • Amigos da Terra

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Ourense e Vigo

    Amigos da Terra está formada por un grupo de persoas que cren na xustiza social e ambiental. Defenden e promoven alternativas ao sistema actual de consumo, á vez que denuncian prácticas inxustas. Cren na necesidade de cambiar o modelo de raíz, para que todas as persoas vivan con dignidade dentro dos límites do planeta. É posible? Aseguran que si: temos suficientes alimentos e recursos naturais para lograr unha repartición equitativa dos mesmos, pero é necesario chamar a atención sobre as alternativas existentes e fomentalas. Se pensas igual: únete!

    Teléfono 988 37 43 18

    Correo de contacto voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

    Ampliar información

  • Arquitectura sen Fronteiras

    Cidades / Vilas A Coruña

    En Arquitectura Sen Fronteiras o voluntariado é o auténtico motor da organización, xa que a maior parte das tarefas son decididas e desenvolvidas por eles e elas. Traballan en proxectos de habitabilidade básica en países de América Central, fomentan a inclusión social dos colectivos vulnerables en Galicia e educan e sensibilizan á sociedade sobre o dereito a un hábitat digno.

    Teléfono 981 167 000 ext. 5033

    Correo de contacto voluntariado.gal@asfes.org

    Ampliar información

  • Asociación ONGD Mi Perú

    Cidades / Vilas Compostela

    O voluntariado que se ofrece é administrativo: envío de cartas ás persoas socias, correos electrónicos, redacción de memorias, organización de proxectos de sensibilización, actualización da web, redes sociais, etc.

    Teléfono 652 844 224

    Correo de contacto miperu_ong@yahoo.es

    Ampliar información

  • Ecodesarrollo Gaia ONGD

    Cidades / Vilas A Coruña

    O voluntariado que se ofrece é participando no apoio a nenas e nenos migrantes; na asesoría xurídica administrativa de estranxeiría; ofrecendo clases para o exame de obtención da nacionalidade e de castelán para persoas adultas.

    Teléfono 629 81 75 81

    Correo de contacto edg@edgai.org

    Ampliar información

  • Ecos do Sur

    Cidades / Vilas A Coruña e Lugo

    Ecos do Sur aposta pola participación cidadá e busca a persoas que queiran poñer en xogo as súas mellores cualidades para mellorar o entorno. No programa de voluntariado da organización podedes aprender, desenvolvervos nun entorno multicultural e experimentar a repercusión social do voso traballo. Como voluntario/a teredes a oportunidade de participar activamente nos proxectos e actividades, en campañas físicas e online ou colaborar nas oficinas en tarefas de xestión.

    Teléfono 981 15 01 18

    Correo de contacto voluntariado@ecosdosur.org

    Ampliar información

  • Enxeñería sen Fronteiras

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Lugo e Vigo

    As persoas voluntarias levan a cabo, principalmente, accións de sensibilización e educación para o desenvolvemento (campañas, cursos e foros), así como promoción de investigación para o desenvolvemento en colaboración con outras institucións, e a incidencia para a promoción de leis que impulsen e protexan á consecución dos dereitos humanos cunha perspectiva de actuar dende o cercano para influir tamén no global. Os eidos de traballo máis importantes son o dereito á auga, o dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria, as tecnoloxías da información e comunicación buscando unha maior soberanía dixital e o dereito á enerxía e a un novo modelo enerxético. Tamén a relación entre xénero e tecnoloxía e os modelos alternativos de empresa baseados na economía social.

    Teléfono 981 16 70 00 ext. 1479

    Correo de contacto voluntariado@galicia.isf.es

    Ampliar información

  • Farmamundi

    Cidades / Vilas A Coruña

    Dende Farmamundi entenden a necesidade de promover unha cidadanía galega concienciada e comprometida co dereito universal á saúde e a equidade de xénero. Para iso, poñen á disposición da poboación galega un servizo de voluntariado a través da delegación da entidade en Galicia desenvolvendo dende tarefas cotiás propias do funcionamento interno da organización ata procesos educativos dentro do ámbito formal, non formal e informal (obradoiros, exposicións, conferencias, etc.). A persoa voluntaria estará acompañada en todo momento polo persoal técnico da entidade, quen guiará os procesos e actividades desenvolvidos dende unha óptica participativa, dialogada e horizontal.

    Teléfono 981 13 06 08

    Correo de contacto galicia@farmamundi.org

    Ampliar información

  • Fundación Axuda en Acción

    Cidades / Vilas Coruña, Meicende e Monfero

    O voluntariado pode apoiar en distintas tarefas nas oficinas ou colaborando nos centros educativos nos que traballa a organización (Meicende e Monfero) nas clases de reforzo, nos programas de música, na programación informática, etc. Se tes un blogue, se che gusta twittear (ou mesmo se es influencer!), se che gusta crear e difundir contido de temas sociais ou queres apoiar unha causa propoñendo un reto, podes ser voluntario dixital e formar parte dunha comunidade virtual que se mobilice para construír, colectivamente, o mundo que queremos.

    Teléfono 981 13 37 37

    Correo de contacto voluntariado@ayudaenaccion.org

    Ampliar información

  • Fundación Balms para la Infancia

    Cidades / Vilas Vigo

    O voluntariado da Fundación Balms para la Infancia desenvolve tarefas de acompañamento na oficina, participa nas actividades de educación ao desenvolvemento que se levan a cabo nas escolas e institutos e colabora nas actividades de sensibilización que se organizan en Vigo.

    Teléfono 986 443 143

    Correo de contacto fundacion@fundacionbalms.org

    Ampliar información

  • Fundación Educo

    Cidades / Vilas A Coruña

    Educo busca apoio, principalmente, para accións de sensibilización dirixidas á cidadanía que se realizan ao longo do ano sobre a situación da infancia no mundo e o coñecemento da situación dos dereitos da infancia. Tamén traballan en accións de educación para o desenvolvementos nas escolas, área para a que precisan do apoio do voluntariado para impartir obradoiros sobre distintas temáticas.

    Teléfono 981 200 826

    Correo de contacto monica.viqueira@educo.org

    Ampliar información

  • Fundación Entreculturas

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela e Vigo

    Entreculturas entende o voluntariado como a achega que as persoas poden ofrecer dentro dun proceso de participación e compromiso. Cremos que o voluntariado é una experiencia con capacidade de transformar á persoa para que se converta en axente de cambio. Pódese participar como voluntario/a nos equipos das delegacións locais, colaborando cos programas vinculados a América Latina e África, participar en formacións e en campañas e actividades solidarias, accións de sensibilización e mobilización social.

    Teléfono 981 581 409

    Correo de contacto voluntariado@entreculturas.org

    Ampliar información

  • Fundación Fabre

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela e Vigo

    Fundación Fabre promove numerosas accións de sensibilización, con diversos formatos: exposicións, obradoiros e charlas para a difusión de problemáticas concretas nos países en vías de desenvolvemento e tamén en Galicia. Para a Fundación Cume o achegamento ás realidades dos países en vías de desenvolvemento e as causas da pobreza supoñen un paso clave para a toma de conciencia e o cambio de actitudes, así como para o incremento da solidariedade entre os pobos que faga posible un cambio de estruturas inxustas.

    Teléfono 986 227 788

    Correo de contacto gracia@fundacionfabre.org

    Ampliar información

  • Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María

    Cidades / Vilas A Coruña, Cangas do Morrazo, Compostela, Ferrol e Vigo

    O voluntariado en FISC réxese polos principios de solidariedade, participación, gratuidade, autonomía fronte aos poderes públicos, a non discriminación, o pluralismo, a sensibilización social e, en xeral, polo compromiso e o traballo por unha sociedade de profundos valores morais, democrática, moderna, participativa, xusta e igualitaria. Realiza actividades de interese xeral de maneira desinteresada, sen que medie unha relación laboral, funcionarial ou mercantil.

    Teléfono 981 525 685

    Correo de contacto fiscgs@gmail.com

    Ampliar información

  • Fundación Madreselva ONGD

    Cidades / Vilas toda Galicia

    O voluntariado realizado en Galicia se centra principalmente en actividades de sensibilización. Trabállase nas escolas das salesianas FMA, dentro do ámbito educativo. Realízanse diferentes actividades para sensibilizar ao estudantado: charlas, obradoiros e presentacións sobre o voluntariado internacional da ONGD.

    Teléfono 91 730 10 35

    Correo de contacto voluntarios@madreselvaongd.net

    Ampliar información

  • Fundación SEMG Solidaria

    Cidades / Vilas A Coruña, Allariz e Compostela

    Dende a Fundación SEMG Solidaria queren que as persoas voluntarias coñezan o traballo que realiza a organización de primeira man integrándose na área de Educación para o Desenvolvemento contribuíndo a construír unha sociedade máis activa e sensibilizada sobre a problemática de saúde dos países empobrecidos.

    Teléfono 988 68 83 22

    Correo de contacto semgsolidaria@semg.es

  • Fundación Taller de Solidaridad

    Cidades / Vilas Lugo, Ourense e Vigo

    O voluntariado ten a oportunidade de participando en charlas, debates e actividades que xeren reflexión sobre as realidades dos países do Sur; dando difusión aos proxectos e promovendo accións co obxectivo de recadar fondos para financiar proxectos (carreiras, concertos, ceas, mercados solidarios, rifas…); traballando e representando á ONGD en redes das que forma parte a organización; e promocionando e vendendo os produtos de comercio xusto.

    Teléfono 982 804 736

    Correo de contacto info@tallerdesolidaridad.org

    Ampliar información

  • Implicadas no Desenvolvemento

    Cidades / Vilas A Coruña, A Estrada, Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo

    Dende Implicadas entenden que a pobreza é o resultado dunha organización inxusta e desigual do mundo dende o punto de vista económico, político e social que non se cambia simplemente proporcionando fondos ás persoas e países empobrecidos senón cambiando a maneira de vivir e de pensar nos países desenvolvidos. Nesta mesma liña, a ONGD considera que o primeiro sobre o que hai que traballar é sobre a construción do xénero nas sociedades, xa que é a primeira posición que adquirimos ao nacer e que está vinculada a todas as demais. Os grupos de voluntariado locais realizan actividades de sensibilización de cara á poboación galega dende unha perspectiva de xénero a través da cultura, o deporte, a arte, a educación (concertos, recitais, exposicións, clubes de lectura, charlas-coloquio...). Tamén contan con grupos de traballo virtual.

    Teléfono 886 11 19 11

    Correo de contacto voluntariado@implicadas.com

    Ampliar información

  • InteRed

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Lugo e Vigo

    InteRed aposta por un voluntariado transformador que teña interese no ámbito da educación, sempre con enfoque de xénero e dereitos humanos. Dende InteRed Galicia pódese participar tanto en actividades educativas en centros e outros espazos de educación non formal, coeducación e equidade de xénero, como en accións de participación social e incidencia, captación de fondos ou comunicación. A ONGD busca a implicación do voluntariado en todo o proceso da organización.

    Teléfono 981 587 966

    Correo de contacto galicia@intered.org

    Ampliar información

  • Jóvenes y Desarrollo

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense e Vigo

    Jóvenes y Desarrollo propón participar, a través dos grupos de voluntariado locais, colaborando coas accións que se levan a cabo no Departamento de Educación para o Desenvolvemento e voluntariado: accións en centros educativos, actividades en rede, incidencia... etc.

    Teléfono 981 582 455

    Correo de contacto jyd.galicia@jovenesydesarrollo.org

    Ampliar información

  • Manos Unidas

    Cidades / Vilas A Coruña

    Manos Unidas é unha ONGD que funciona e se mantén a partir do traballo do seu voluntariado nas distintas delegacións. O voluntariado colabora en proxectos de sensibilización, captación de recursos para proxectos no exterior. Tamén na coordinación entre as distintas delegacións e os servizos centrais así como con centros educativos, parroquias e asociacións culturais.

    Teléfono 981 584 966

    Correo de contacto voluntariado@manosunidas.org

    Ampliar información

  • Miradas al mundo

    Cidades / Vilas A Coruña

    Participación en actividades solidarias e de sensibilización que organiza a ONGD.

    Teléfono 651 119 749

    Correo de contacto ongmiradasalmundo@gmail.com

    Ampliar información

  • Médicos do Mundo

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela e Vigo

    Podes unirte ao voluntariado de Médicos do Mundo Galicia e coñecer as áreas temáticas e os grupos de participación sobre transformación Social, traballando aquí pola sensibilización e a educación para un desenvolvemento xusto; e a inclusión Social, reflexionando sobre os procesos que levan á exclusión das poboación máis invisibles, aquí, en Galicia. Podes facer activismo en Médicos do Mundo e nas plataformas e redes nas que participa con outras entidades para o cambio social necesario.

    Teléfono 981 57 81 82

    Correo de contacto veronica.garcia@medicosdelmundo.org

    Ampliar información

  • Oxfam Intermon

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela e Vigo

    En Galicia o voluntariado participa no eido das campañas e o activismo, nas tendas de comercio xusto e con labores administrativas e de recursos humanos. Conta cun equipo de máis de 1.700 voluntarias e voluntarios en toda o Estado e máis de 150 en Galicia: persoas que deciden contribuír a cambiar o mundo desde unha perspectiva de xustiza social e activismo.

    Teléfono 981 213 363

    Correo de contacto mbeltran@oxfamintermon.org

    Ampliar información

  • PANXEA

    Cidades / Vilas Compostela

    Panxea é unha organización aberta que fomenta a participación activa das persoas (socias ou non). Traballa nos eidos do comercio xusto e o consumo responsable e en temas de economía alternativa e solidaria e finanzas éticas. O voluntariado pode participar na elaboración de materiais e dinámicas, charlas e obradoiros, actividades en centros educativos,... Tamén, nas reunións informativas e organizativas que se levan a cabo todos os martes.

    Teléfono 981 93 72 38

    Correo de contacto redes@panxea.org

    Ampliar información

  • SED Solidaridad, Educación e Desenvolvemento

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Tui e Vigo

    Ofrecen voluntariado en actividades de sensibilización e de captación de fondos para colaborar con proxetos de cooperación ao desenvolvemento.

    Teléfono 987 22 04 60

    Correo de contacto soniacalvete@gmail.com

    Ampliar información

  • Semilla para el Cambio

    Cidades / Vilas A Coruña e Vigo

    O voluntariado en Semilla para el cambio é unha forma de sumarse a unha causa común e un compromiso para quen cre na xustiza social e na transformación social dende o compromiso persoal. Con esta filosofía traballan os seis grupos de voluntariado que a ONGD ten en A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona, Euskadi e Andalucía. O seu labor é o de difundir o traballo da ONGD, sensibilizar sobre a realidade das comunidades máis pobres da India e apoiar na captación de fondos para proxectos sobre o terreo.

    Teléfono 981 25 20 11

    Correo de contacto rrhh@semillaparaelcambio.org

    Ampliar información

  • Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

    Cidades / Vilas toda Galicia

    Colaboración nos diversos proxectos que se desenvolven na ONGD, concretamente, en tarefas de apoio na sede, axuda na organización de eventos e actividades solidarias, participación en accións de información e sensibilización da sociedade, colaboración en campañas puntuais de recollida de alimentos, medicamentos, material escolar, etc.

    Teléfono 986 262 637

    Correo de contacto voluntariado@sogaps.org

    Ampliar información

  • Solidariedade Internacional de Galicia

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo e Vilagarcía

    O voluntariado en Solidariedade Internacional de Galicia lexitima todas as actuacións da organización, por iso é un elemento fundamental. Dende SI Galicia cren nun voluntariado comprometido, propositivo e con ganas de mellorar o mundo no que vivimos.

    Teléfono 981 24 35 06

    Correo de contacto sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

    Ampliar información

  • Tierra de Hombres

    Cidades / Vilas A Coruña, Compostela e Vigo

    O voluntariado lévase a cabo en hospitais con nenos e nenas con enfermidades graves. Para iso, búscanse persoas maiores de idade que estean dispostas a facer quendas de 4 horas no traballo de coidados. Tamén ofrecen voluntariado a familias de acollida para períodos de entre 2 e 5 meses para acoller menores cando se lles dea a alta hospitalaria.

    Teléfono 628 36 70 30

    Correo de contacto deleg.galicia@tierradehombres.org

    Ampliar información

  • Viraventos

    Cidades / Vilas A Coruña

    O voluntariado ten a oportunidade de participar apoiando o servizo de orientación sociolaboral de Viraventos e tamén o proxecto de intevención socioeducativa con nenos, nenas e adolescentes, integrado dentro do Programa de Acción Social de Educo e baseado no enfoque de dereitos.

    Teléfono 881 88 94 60

    Correo de contacto info@viraventos.org

    Ampliar información

Outras páxinas web onde poderás atopar ofertas de voluntariado en Galicia: