As organizacións da sociedade civil temos a obriga moral de render contas á cidadanía. Sobre como nos organizamos, que normas de autogoberno nos rexen, de quen recibimos fondos públicos e privados e que facemos en eles. Para iso é precisa a autorregulación.
No seno da Coordinadora Galega de ONGD contamos con varias ferramentas que o permiten:
FERRAMENTA DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO
A Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno é un mecanismo de mellora e autorregulación pioneiro no sector das ONGD que nace no seo da Coordinadora de ONGD – España. Na Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONGD en 2009, asumiuse esta ferramenta para a autoavaliación das ONGD: será de aplicación voluntaria ata o 2023, ano a partir do cal será de obrigado cumprimento para todas as ONGD integradas.
As ONGD de ámbito estatal que xa teñan pasado a ferramenta a través do acompañamento da Coordinadora de ONGD – España non deberán volver a superar o proceso nas súas delegacións de Galicia.
Esta ferramenta é unha relación de indicadores obxectivamente verificables que, acompañada dunha metodoloxía de uso, permite verificar o grao de transparencia e bo goberno das ONGD e da propia Coordinadora. Ver táboa de indicadores>>>>
Dende 2016, a Comisión da Normativa fai un chamamento para que as ONGD galegas se sumen á autoavaliación voluntaria. A propia Comisión acompañou ás ONGD propoñendo cambios para mellor o funcionamento, revisando a documentación aportada e tendo reunións individuais con cada unha delas para resolver os problemas concretos.
Ligazón: Herramienta de Transparencia y Buen Gobierno
CÓDIGO DE CONDUTA DAS ONGD
Ante as múltiples e plurais organizacións que traballamos no iedo da cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade internacional, a Coordinadora Galega de ONGD aprobou este regulamento de conduta de obrigado cumprimento das ONGD sociais. O Código foi aprobado pola Asemblea Xeral en 2009.
Documento: Código de Conduta das ONG para o Desenvolvemento
ESTATUTOS E RÉXIME DE REGULAMENTO INTERNO
A través deste documentos podedes coñecer os distintos órganos da Coordinadora, os seus fins, as condicións para poder integrarase…
Documento: Estatutos – Regulamento de Réxime Interno
MODELO DE PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E ACTUACIÓN FRENTE AO ACOSO SEXUAL E O ACOSO POR RAZÓN DE SEXO PARA EMPRESAS QUE ELABOREN UN PLAN DE IGUALDADE
Documento: Modelo de protocolo
POLÍTICAS DE INVERSIÓNS FINANCEIRAS
O presente documento define a política de inversións financeiras en
coherencia co Código de Conduta das ONGD da Coordinadora e os principios e valores orientadores do noso traballo.
Documento: Política Trazabilidade de Fondos Finalistas
POLÍTICA TRAZABILIDADE DE FONDOS FINALISTAS
Neste documento ofrecemos información completa aos potenciais donantes
e colaboradores sobre as actividades da organización. As nosas políticas e prácticas garanten que os donativos serven de apoio á misión da organización.
Documento: Política Trazabilidade de Fondos Finalistas