Plan estratéxico

Que é?

O Plan Estratéxico da Coordinadora 2017-2020 é o resultado dun ano de traballo conxunto entre as ONGD integradas e os distintos órganos da Coordinadora (Xunta Directiva, Comisións e Grupos de Traballo e Secretaría Técnica) xunto á persoa que nos acompañou ao longo deste proceso, Luis Pemán, da consultora AID Social.

Como se elaborou?

A partir da avaliación do anterior Plan e coa vontade de adaptar o novo documento ao actual contexto social e político. Foi necesario ter clara a actual fotografía da Coordinadora e do noso entorno para poder establecer os obxectivos e as estratexias que se desenvolverán ao longo dos próximos catro anos. Tamén revisamos os valores, a misión e a visión da Coordinadora, un proceso que nos permitiu tomar aire e pensar en voz alta que somos e que nos gustaría chegar a ser os vindeiros anos. Por último, establecéronse as accións que queremos levar a cabo e os indicadores para facer un axeitado seguimento do Plan. Como resultado deste traballo, redactamos o Plan Estratéxico da Coordinadora 2017-2020 que foi aprobado por unanimidade na Asemblea Xeral Extraordinaria o 17 de decembro de 2016.

Que conta?

É un documento no que se redactaron as liñas estratéxicas, os obxectivos, resultados e accións que ao longo dos vindeiros 4 anos levaremos a cabo dende a Coordinadora. Tamén, unha aproximación do que entendemos por cuestións como a Educación para a Cidadanía Global ou a Coherencia de Políticas. Por último, incorpora documentos de análise da propia entidade como un DAFO e o plan de mellora.

Plan Estratéxico 2017-2020
Descargar documento.