Traballo en rede

A Coordinadora participa en distintas redes e espazo de representación nos que defende os obxectivos da loita contra a pobreza global e as desigualdades; e onde traballo xunto a outras organizacións e colectivos co obxectivo de transformar a realidade. Formamos parte de:

 

COORDINADORA ONGD – ESPAÑA

A Coordinadora é membro da Coordinadora de ONGD – España (CONGDE) como membro de pleno dereito dende 2002. Na CONGDE, participamos na Red de Coordinadoras Autonómicas de ONGD, un espazo de traballo en rede formado polas 17 coordinadora autonómicas de ONGD o labor da cal é a construción dunha axenda de incidencia, coordinación e complementariedade das cooperación descentralizada nos distintos territorios do Estado. Ademais, dende 2014 formamos parta do Equipo de Goberno ocupando a Vicepresidencia Segunda.

 

REDE GALEGA DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

Formamos parte da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas dende o momento da súa constitución. Este é un espazo construído desde diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais co obxectivo de denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da UE.

 

FIARE BANCA ÉTICA

A Coordinadora é socia de Fiare Banca Ética, unha ferramenta ao servizo da transformación social a través do financiamento de proxectos da economía social e solidaria e a promoción dunha cultura da intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación, a democracia e o crédito como dereito.

 

Representación noutros espazos

A Coordinadora forma parte de distintos órganos consultivos de carácter público e as persoas representantes nestes espazos son elixidas pola Asemblea Xeral.

  • Consello Galego de Cooperación para a Desenvolvemento (CONGACODE)
    O CONGACODE é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento. Está formado por representantes da Xunta de Galicia, da Administración local galega e do resto dos axentes galegos de cooperación.
  • Consello Galego de Acción Voluntaria
    O Consello Galego de Acción Voluntaria é o máximo órgano de participación, coordinación, asesoramento e consulta en materia de acción voluntaria. A Coordinadora participa como representante das ONG de Desenvolvemento.
  • Consello de Acción Exterior de Galicia
    O Consello de Acción Exterior de Galicia é o órgano asesor do executivo galego naqueles asuntos relacionados coas actuacións no estranxeiro. A Coordinadora Galega de ONGD participa como representante das organizacións de desenvolvemento galegas.