Prácticas profesionais nas ONGD

Outra forma de participar nas ONGD é realizando práctica profesionais.

Neste apartado achegamos información das ONGD que teñen convenios de colaboración coas universidades e as escolas de ensino superior.

Tamén, das que abren as portas a calquera persoa interesada en formarse e formar parte do equipo durante un período concreto, sempre que sexa posible.

Estas son as opcións que ofrecen as ONGD integradas na Coordinadora:

  • AGARESO

    Contacto Lorena Seijo

    Teléfono 986 85 70 45

    Correo voluntariado@agareso.org

    Ofrece a posibilidade de realizar prácticas profesionais a alumnado universitario de Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Publicidade ou Ciencias Políticas. O obxectivo é que a persoa coñeza como funciona o Terceiro Sector e adquiran coñecementos prácticos e teóricos arredor da Cooperación, a Educación e Comunicación para o Cambio Social. As prácticas son, como mínimo, de dous meses e a selección se realizar a través dunha entrevista.

  • AIDA

    Contacto Silvia Discacciati

    Teléfono 914116748

    Correo proyectos@ong-aida.org

    Acéptanse estudantes de master e postgrados de cooperación ao desenvolvemento para realizar prácticas no departamento de cooperación ao desenvolvemento e participar no seguimento de proxectos financiados por administracións e entidades galegas.

  • AMIGOS DA TERRA – GALICIA

    Contacto Ángel Dorrío

    Teléfono 988 374 318

    Correo info@amigosdaterra.net

    Amigos da Terra colabora con diferentes entidades educativas (centros de formación profesional, universidades galegas, etc) para a realización de prácticas académicas en titulacións relacionadas ca educación e o medio ambiente, principalmente na oficina de Ourense.

  • AMIGOS DA TERRA – EUROPA

    Contacto Patricia Iglesias

    Teléfono 988 374 318

    Correo galeuropa@amigosdaterra.net

    O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos. No caso concreto de Amigos da Terra en Portugal (Lisboa), Inglaterra (Limasol) e Italia (Brescia). O programa dura tres meses, de setembro a novembro, e cubre todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, apoio lingüístico, seguros). Para máis información>>>

     

  • ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ

    Contacto Denís Fernández Méndez

    Teléfono 881 81 10 00 Ext. 15205

    Correo politicas.uaxcd@usc.es

    Ten un convenio de colaboración coa USC para que o alumnado da titulación do Grao en Ciencia Política e da Administración poida realizar as súas prácticas externas, un total de 550 horas (4 meses, aproximadamente). A persoa en prácticas desenvolverá tarefas adecuadas ao seu perfil e terá unha experiencia que facilitará a súa integración no mercado laboral.

  • ECODESARROLLO GAIA

    Teléfono 629 81 75 81

    Correo oficina@ecodesarrollogaia.org

    Prácticas universitarias coa Facultade de Socioloxía de UdC. A xestión destas prácticas faise a través das titorías da universidade. Ecodesarrollogaia ofrece a posibilidade de acompañar a dúas persoas por curso.

  • ECOS DO SUR

    Contacto Patxi Hurtado

    Teléfono 981 15 01 18

    Correo direccion@ecosdosur.org

    Ecos do Sur ofrece prácticas a nivel FP e Universidade. A ONGD está aberta a recibir propostas das persoas interesadas, polo que as persoas interesadas poden contactar.

  • ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS

    Contacto Sergio Fernández

    Teléfono 981 16 70 00 ext. 1479

    Correo sergio.fernandez@isf.es

    As prazas do Programa de Prácticas en ESF están abertas a toda a poboación interesada en aplicar os seus coñecementos académicos no día a día dunha organización, en calquera ámbito nos que traballe ESF Galicia. Así, o Programa de Prácticas en ESF pode vincularse a calquera grupo ou actividade na que participe activamente ESF, tanto grupos de traballo (accións no norte, programas internacionais) como grupos de apoio (voluntariado, administración e tesouraría, sistemas de información e comunicación). A participación no Programa de Prácticas non implica ningunha obrigación de tipo laboral por parte de ESF, o cal quedará reflectido no convenio a firmar previamente. En ningún momento a persoa participante no programa asumirá accións críticas para o desenvolvemento das actividades, pero si asumirá responsabilidades supervisada polo titor.

  • FARMAMUNDI

    Contacto María Gento

    Teléfono 981 13 06 08

    Correo galicia@farmamundi.org

    Existe a posibilidade de solicitar prácticas en proceso de valoración coa USC.

  • FUNDACIÓN EDUCO

    Contacto Mónica Viqueira

    Teléfono 981 200 826

    Correo monica.viqueira@educo.org

    En Educo buscan persoas en prácticas para a área de incidencia (mapeo e seguimento das políticas públicas relacionadas coa infancia e a educación), área de administración (actividades relacionadas coas contas da delegación e coa revisión e “saneamento” da base de datos de públicos de interese da delegación).

  • FUNDACIÓN INTERNACIONAL DE SOLIDARIEDADE COMPAÑÍA DE MARÍA (FISC)

    Contacto Mª Luz Sarabia

    Teléfono 628 073 010

    Correo epd@fisc-ongd.org

    En FISC a posibilidade de levar a cabo prácticas profesionais dependerá das necesidades, marcadas polo traballo dos proxectos en terreo (educación, saúde, formación de profesorado…)

  • INTERED

    Contacto Lucía López

    Teléfono 981 58 79 66

    Correo galicia@intered.org

    Intered Galicia ten un convenio coa USC para acoller persoas en prácticas. Para outras posibilidades será preciso contactar previamente.

  • JÓVENES Y DESARROLLO

    Contacto Camino Rivero

    Teléfono 987 203 712

    Correo jyd.galicia@jovenesydesarrollo.org

    Sempre que a estrutura o permita, a ONGD ofrece a realización de prácticas no Departamento de Educación para o Desenvolvemento con estudantes de titulacións relacionadas coa Educación e Máster de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

    Se valorará la adecuación de otras titulaciones.

  • MANOS UNIDAS

    Contacto María Potel Torres

    Teléfono 981 584 966

    Correo santiago@manosunidas.org

    A ONGD ten un convenio de prácticas coa USC e a Universidade Complutense de Madrid.

  • MÉDICOS DO MUNDO

    Contacto Verónica García

    Teléfono 981 578 182

    Correo veronica.garcia@medicosdelmundo.org

    Nos derradeiros anos, Médicos do Mundo ofertou prácticas para alumnado do Máster de Saúde Pública; da Facultade de Ciencias Políticas e de Traballo Social da USC. Para saber máis, ponte en contacto coa organización.

  • MIRADAS AL MUNDO

    Contacto Susana Lorenzo

    Teléfono 651 119 749

    Correo ongmiradasalmundo@gmail.com

    Miradas al mundo propón prácticas profesionais en traballos administrativos e na xestión de proxectos de cooperación Internacional.

  • OXFAM INTERMON

    Contacto Maika Beltrán

    Teléfono 981 213 363

    Correo mbeltran@oxfamintermon.org

    Ofertan prácticas profesionais nos eidos da prensa e comunicación, as redes sociais e os recursos humanos.

  • PANXEA

    Contacto Gonzalo Gesto

    Teléfono 981 93 72 38

    Correo xestion@panxea.org

    A ONGD Panxea ten un acordo de colaboración coa USC para ofertar prácticas profesionais. Pódese consultar na propia USC ou contactando coa organización.

  • SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

    Contacto María Caride

    Teléfono 981 24 35 06

    Correo sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

    Nos 20 anos de traballo da ONGD, foron moitas as persoas que fixeron prácticas na organización. SI Galicia ten convenios de prácticas coas Facultades de Ciencias da Educación da USC e da UDC; coa Facultade de Socioloxía da UDC e tamén reciben alumnado dos títulos de Grado de Educación Social, Socioloxía e diferentes Mestrados.

    A ONGD colabora con Integra, unha organización que xestionan programas como Erasmus + e Servicio Europeo de Voluntariado e tamén con entidades privadas de formación.

    As persoas que realizan practicas en SI Galicia, teñen un proceso formativo en cada unha das áreas da organizacións (Educación, Comercio Xusto e Cooperación ao Desenvolvemento), unha vez rematado este período, centran o seu quefacer na área que máis se achegue ao seu perfil profesional.