Manifesto urxente: Gaza non pode agardar

Oxfam Intermón, Movemento pola Paz, Médicos sen Fronteiras, Save de Children e os comités estatais de UNICEF e UNRWA impulsan este manifesto, que asinamos, apoiamos e compartimos.

Fonte: IPPDH

29 Xuño 2025 |

As máis de 130 organizacións e milleiros de persoas asinantes do Manifesto Urxente por Gaza alzamos as nosas voces como unha sola. Facémolo porque o sufrimento da poboación palestina é insorportable. Porque en Gaza, con cada día que pasa, algo esencial da nosa humanidade desmorónase.

Dirixímonos a gobernos, a líderes políticos, a institucións internacionais, a medios de comunicación, a organizacións da sociedade civil e, sobre todo, ás persoas que aínda non renunciaron á súa conciencia nin á súa capacidade de indignarse ante os actos de barbarie que o actual goberno e o exército de Israel están comentendo en Gaza.

A situación de Gaza en datos

En menos de dous anos, máis de 56.000 persoas foron asasinadas, máis de 18.000 son nenos e nenas. Máis de 127.000 resultaron feridas, moitas con amputacións, queimaduras, mutilacións e traumas imposibles de sanar.

Logo dos ataques cometidos por Hamás, con 1.200 persoas mortas e tomando arredor de 250 reféns o 7 de outubro de 2023, Gaza pasou a converterse no escenario do sufrimento humano máis desgarrador do noso tempo.

O impacto mental é inenarrable, os nenos e nenas fálannos dunha desesperanza total cara o futuro. E aínda seguimos buscando palabras que estean á altura deste inferno, porque a linguaxe xa non alcanza para describir tanta dor.

Prácticamente toda a poboación de Gaza vive desprazada e asediada, sen lugar seguro no que refuxiarse. Máis da metade son nenos e nenas. Como consecuencia do asedio total imposto polas autoridades israelíes o 2 de marzo, o 100% de Gaza corre agora risco de fame sistémica, segundo indica Nacións Unidas. Máis de 5 millóns de personas están en fase 5 de fame catastrófica, decenas morreron xa e seguirá sendo así se o Goberno de Israel non permite a entrada de axuda humanitaria masiva.

A vulnerabilidade da infancia

A protección e asistencia especiais que o Dereito Internacional Humanitario outorga á infancia -e que constitúen unha obriga legal para as partes en conflito- non se cumpriron. Asasinados ou mutilados, cercados pola fame e o medo, nenos e nenas están sendo afectados de forma desproporcionada por este conflito.

Máis de 41.000 perderon a un ou a ambos dos seus proxenitores. O impacto é tan profundo que foi necesario acuñar un novo termo para describir aos menores que sobreviviron: “nenos e nenas feridos, sin familiares sobrevivintes”.

Os ataques contra a poboación civil, a destrucción de infraestruturas esenciais, a obstrución sistemática da acción humanitaria, a privación da auga e da comida, así como o desprazamento forzoso, constitúen graves violacións do Dereito Internacional Humanitario.

O sistema de saúde colapsou. Alomenos o 94% de todos os hospitais da Franxa de Gaza están danados ou foron destruídos. A atención médica está sendo sistemáticamente atacada en toda Gaza. Quen sobrevive aos bombardeos morre por falta de coidados básicos. Os equipos médico-humanitarios están véndose obrigados a curar feridas sen analxésicos e a racionar medicamentos esenciais. Nos quirófanos houbo que operar sen electricidade.

A esta devastación hai que engadir un modelo de axuda imposto polo Goberno de Israel que exclúe os principios humanitarios, ás axencias de Nacións Unidas e ás principais organizacións humanitarias internacionais.

Un modelo que, lonxe de aliviar o sufrimento, o perpetúa. Que fragmenta, condiciona e politiza a asistencia, violando os principios fundamentais de neutralidade, imparcialialade e independencia.

Este non é un sistema de axuda humanitaria, é a militarización da axuda contra unha poboación famenta. Que facilita desprazamentos forzados, bloquea o socorro vital e consolida o castigo colectivo como arma de sometemento.

Nos últimos días foron asasinadas máis de 500 persoas e máis de 4.000 resultaron feridas nos postos de axuda militarizados como consecuencia dos disparos do exército israelí.

Mentres tanto, toneladas de alimentos, medicinas e material sanitario permanecen retidas ao outro lado da fronteira, a escasos quilómetros de quen as precisa con desesperación.

Este manifesto non é unha súplica

Non podemos permitir que esta indiferenza e complicidade se instalen como norma. Non podemos aceptar que os líderes europeos e mundiais observen en silencio mentres unha poboación enteira esvaece baixo as bombas, os cascallos, a inanición e o abandono.

Este manifesto non é unha súplica.

É un berro.

É un puño sobre a mesa da indiferenza.

É un chamamento urxente á conciencia do mundo.

Con cada nena e cada neno mortos, con cada nai que chora sen folgos, con cada familia sepultada  baixo os cascallos, algo de nós tamén desaparece. No futuro non poderemos dicir que non o vimos vir. A protección é un dereito e unha obriga legal que deben garantir as diferentes partes e tamén a comunidade internacional.

Canto máis ten que sufrir un pobo para esperar a acción internacional? Cantos nenos e nenas máis deben morrer para que actué quen ten poder?

As palabras xa non chegan. As condenas sen consecuencias non salvan vidas. As declaracións sen medidas concretas difumínanse. A historia non xulgará o que dixemos, senón o que fixemos. Ou o que non fixemos.

Este manifesto é unha esixencia

Facemos un chamamento ás autoridades israelíes para que cesen inmediatamente o castigo colectivo aos palestinos e poñan fin ao seu inhumano asedio de Gaza.

Pedimos tamén que o Goberno de Israel cumpra as súas responsabilidades como potencia ocupante e que as súas autoridades faciliten a entrada de axuda humanitaria en Gaza a gran escala.

Esixímoslle a España, aos líderes europeos e aos estados aliados do Goberno de Israel que exerzan a súa influencia para acadar estes cinco puntos fundamentais:

  1. Alto o fogo inmediato e definitivo.
  2. A protección efectiva da poboación civil, conforme ao Dereito Internacional Humanitario.
  3. A apertura total e sostida de todos os pasos fronteirizos para garantir a entrada masiva de axuda humanitaria, sen condicións políticas.
  4. O respecto e restablecemento do mandato de UNRWA e de todas as axencias humanitarias, sen criminalización nin obstrucións políticas.
  5. A suspensión dos castigos colectivos como arma de guerra, como o uso da fame e o desprazamento forzado.

 

No momento de publicar este artigo na nosa web, o Manifesto Urxente por Gaza recollera 9.506 sinaturas entre ONGs, institucións e cidadanía. Un anaquiño despois, xa eramos máis de 10.000.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: