Escola de Activismos: “Atlas da polarización”, con More in Common

Lugar En liña Organiza Compostela máis Solidaria Data: 18/05/2026

Escoitamos constantemente falar de polarización e sabemos que é algo que inflúe no que nos rodea. Vémolo nos medios de comunicación, no discurso e nas accións políticas e na nosa vida  presencial e dixital.

Para analizala e entedela moito mellor a organización More in Common desenvolveu un estudo publicado en decembro de 2025: o “Atlas da Polarización”, que centrará esta nova proposta da Escola de Activismos de Compostela máis Solidaria.
Unha charla con Luis Aguado, director de More in Common en España, para saber máis sobre como a polarización inflúe nas nosas relacións e no noso discurso… Pero tamén de como, a partir deste coñecemendo, podemos situar as nosas mensaxes para incidir no cambio social e o compromiso cidadán, da man tamén de Natalia Monje, responsable de comunicación e experta en novas narrativas da ONGD Ecos do Sur.