Un ano despois do suposto alto o fogo do 10 de outubro de 2025, a situación humanitaria en Gaza e no resto do territorio palestino ocupado continúa sendo extremandamante grave.
Segundo os últimos datos da Oficina das Nacións Unidas para a Coordinadora de Asuntos Humanitarios (OCHA) preto de 74.000 persoas palestinas foron asasinaddas en Gaza, case 175.000 resultaron feridas e preto de 2 millóns foron desprazadas dende o comezo da ofensiva. Dende a entrada en vigor do alto o fogo, case 6.000 persoas foron asasinadas e outras 5.000 resultaron feridas.
Estas cifras inclúen o asasinato de 21.283 nenos e nenas; 10.983 mulleres e 5.100 persoas maiores. A infancia está a sufrir de maneira especcialmente grave esta violencia. Un informe da Comisión Internacional Independiente de Nacións Unidas documenta máis de 20.000 casos de nenos e nenas asasinadas e máis de 44.000 feridas entre outubro de 2023 e outubro de 2025, ademais de millerios que perderon a un ou a ambos proxenitores.
O documento conclúe que os nenos e nenas palestinos en Gaza e Cisxordania foron deliberadamente atacados e asasinados polas forzas de seguridade israelíes, incluso tralo o alto o fogo decretado hai un ano.
Cisxordania: grave empeoramento
A situación tamén se deteriorou exponencialmente en Cisxordania, onde aumentan os ataques de colonos israelíes, os desprazamentos, as demolicións e as restricións de acceso, mentres continúa a expansión dos asentamentos.
Durante este 2026, máis de 4.300 persoas palestinas foros desprazadas e a OCHA documentou máis de 1.600 ataques de colonos con vítimas palestinas e danos materiais.
A previsión é que se amplíe a fragmentación do territorio palestino, a aceleración de facto de Cisxordania, incluíndo Xerusalem Leste.
As organizacións que, como a Coordinadora Galega de ONGD, formamos parte da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo reclamamos que o alto o fogo sexa efectivo, que cesen os ataques contra a poboación civil e se garantice un acceso humanitario pleno, seguro e sostido en Gaza, así como no conxunto do territorio palestino ocupado que garanta unha axuda humanitaria baseada en principios. Ademais, instamos a garantir a protección da poboación civil e o respecto ao Dereito Internacional Humanitario e dos dereitos humanos. Lembramos a urxencia de poñer fin ao comercio de armas con Israel e tomar medidas firmes para a construción de procesos de paz, xustiza e reparación.

