Escoitadoiro “En defensa da cooperación internacional: que pasa cando se reduce a axuda oficial ao desenvolvemento?”
Lugar Colexio Maior San Agustín (Compostela) Organiza Entreculturas e Compostela máis Solidaria Data: 05/05/2026
O martes 5 de maio (19:30) o Colexio Maior San Agustín acolle o escoitadoiro “En defensa da cooperación internacional: que pasa cando se reduce a axuda oficial ao desenvolvemento?”.
Unha conversa aberta organizada pola ONGD Entreculturas en colaboración con Compostela máis Solidaria que servirá para coñecer a situación global dende a perspectiva dos dereitos humanos, a axuda internacional e a cooperación ao desenvolvemento.
Participarán neste encontro María Paz, presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, Nacho Esteve, membro da xunta directiva da Coordinadora Estatal de ONG para el Desarrollo e Iria Gippini, de Médicos do Mundo-Galicia.
A asistencia é de balde, pero recomendamos inscrición previa. Clica aquí!
