Formación sobre captación de fondos privados e colaboración con empresas

Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio 12/01/2026 - Data fin 04/02/2026 Límite inscrición 16/12/2026 Modalidade En liña Ver programa

Dende a Coordinadora Galega de ONGD queremos ofrecerlle ás nosas organizacións socias novas oportunidades para diversificar as súas fontes de financiamento. Con ese obxectivo abrimos unha liña formativa específica que comezamos cun curso sobre captación de fondos privados e colaboración con empresas.

Esta formación diríxese especialmente a ONGD con menos experiencia na procura de financiamento privado.

Teñen prioridade para acceder a esta formación as persoas de ONGD socias. No caso de persoas alleas á Coordinadora Galega de ONGD, deberán agardar ao peche de inscrición para confirmar a súa praza. En ambos casos, as prazas adxudicaranse por orde de inscrición.