• ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS

    Contacto Sergio Fernández

    Teléfono 981 16 70 00 ext. 1479

    Correo sergio.fernandez@isf.es

    As prazas do Programa de Prácticas en ESF están abertas a toda a poboación interesada en aplicar os seus coñecementos académicos no día a día dunha organización, en calquera ámbito nos que traballe ESF Galicia. Así, o Programa de Prácticas en ESF pode vincularse a calquera grupo ou actividade na que participe activamente ESF, tanto grupos de traballo (accións no norte, programas internacionais) como grupos de apoio (voluntariado, administración e tesouraría, sistemas de información e comunicación). A participación no Programa de Prácticas non implica ningunha obrigación de tipo laboral por parte de ESF, o cal quedará reflectido no convenio a firmar previamente. En ningún momento a persoa participante no programa asumirá accións críticas para o desenvolvemento das actividades, pero si asumirá responsabilidades supervisada polo titor.