Voluntariado internacional e viaxes solidarias
Neste apartado ofrecemos un buscador para atopar propostas de voluntariado internacional e viaxes solidarias aos países do Sur que ofrecen as ONGD galegas.
Antes de iniciar a busca, recomendamos que coñezas algo máis o significado de voluntariado internacional, vacacións solidarias e campos de traballo. Tamén, que coñezas o mellor posible o funcionamento das ONGD de Desenvolvemento e que, ademais de ter en conta os ámbitos de especialización de cada organización ou os destinos do voluntariado, revises a misión e a visión da ONGD para asegurarte que os obxectivos e a forma de traballar e entender a transformación social están en sintonía contigo.
Para iso, en primeiro lugar deixamos este vídeo de Canal Solidario no que se aclaran algúns conceptos básicos. E tamén, un artigo da Coordinadora de ONGD – España con consellos para elixir con quen queres facer voluntariado internacional.
Por último, facilitamos o monográfico de Voluntariado da Coordinadora de ONGD – España e este post de Hacesfalta.org con “5 ideas sobre voluntariado que debes quitarte da cabeza”.
-
APOIO A PROXECTOS DA FUNDACIÓN FABRE
Onde? En países onde traballa a organización
Cando? A concretar
Neste tipo de voluntariado trátase de aportar, dende os coñecementos de cada quen, un valor engadido aos proxectos que executa a organización en diversos países como Bolivia ou Guatemala, en proxectos de Educación, de Seguridade alimentaria ou de sanidade materna e atención.
Teléfono 986 227 788
Correo de contacto gracia@fundacionfabre.org
-
CAMPOS DE TRABALLO SED
Onde? En países onde traballa a organización
Cando? Xullo e agosto
Os Campos de Traballo – Misión son unha experiencia organizada, vivida e compartida en grupo, cunha orientación solidaria que aposta polo desenvolvemento e a xustiza. Permiten colaborar en proxectos para a educación, a solidariedade e o desenvolvemento, vinculados á Institución Marista, en contacto con contrapartes do país de destino. Teñen unha duración de 6 semanas aproximadamente.
Teléfono 987 22 04 60
Correo de contacto sedcompostela@sed-ongd.org
-
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERNACIONAL DE INTERED
Onde? África e América Latina
Cando? A partir de outubro
Dende InteRed ofrécese a posibilidade de que o voluntariado con experiencia e formación na organización poida participar en proxectos e programas de InteRed e das súas socias locais en outros países. Búscase coidar o acompañamento e que a experiencia sexa enriquecedora para todas as partes, polo que non ofrecen este programa sen unha experiencia e implicación previa na organización desde o territorio.
Teléfono 981 589 966
Correo de contacto galicia@intered.org
-
PROGRAMAS DE COÑECEMENTO DA REALIDADE DE ASF
Onde? Guatemala
Cando? No verán
Bolsas da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña que permite ao alumnado desprazarse a outro país para realizar unha estadía de cooperación. Dende 2008, Arquitectura sen Fronteiras Galicia convoca cada ano propostas para que o alumnado, acolléndose a estas bolsas, poida desfrutar dunha experiencia no terreo en Guatemala.
Teléfono 981 167 000 ext. 5033
Correo de contacto galicia@asfes.org
-
PROGRAMAS DE COÑECEMENTO DA REALIDADE DE ESF
Onde? Honduras
Cando? No verán
O Programa de Coñecemento da Realidade é unha proposta no marco da educación para o desenvolvemento que inclúe unha estancia en Honduras durante un período de 2-3 meses para coñecer a realidade do lugar mentres se levan a cabo actividades definidas previamente. Á volta, as persoas, xa integradas nos grupos de traballo de ESF, fortalecen o traballo da organización ao ter coñecemento de primeira man sobre os proxectos e o seu contexto en Honduras. Tamén organizan actividades en Galicia para difundir o que teñen aprendido.
Teléfono 981 167 000 Ext 1497
Correo de contacto info@galicia.isf.es
-
SALONGO VOLUNTARIO INTERNACIONAL FISC
Onde? Países europeos
Cando? A concretar
SALONGO é un programa de voluntariado internacional para facilitar experiencias de solidariedade e cooperación en países en vías de desenvolvemento a persoas vinculadas coa organización. O obxectivo deste tipo de voluntariado é realizar traballo profesional que beneficie á contraparte e a FISC; ser un espazo de encontro e de recoñecemento mutuo; e contribuír a promover unha experiencia para o crecemento persoal da persoa voluntaria.
Teléfono 981 525 685
Correo de contacto fiscgs@gmail.com
-
SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO
Onde? Países europeos
Cando? A concretar
Amigos da Terra é organización de acollida e envío do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Esta é unha iniciativa da Unión Europea que ofrece a posibilidade de participar nun proxecto de voluntariado con todos os custes pagados durante un período de seis meses a un ano. Os mozos e mozas poden colaborar en distintos proxectos sociais, ambientais, relacionados co patrimonio, o deporte, a cultura ou a cooperación en máis de 20 países de Europa.
Teléfono 988 37 43 18
Correo de contacto sve@amigosdaterra.net
-
TALLER NO SUR
Onde? Países onde traballa a ONGD
Cando? No verán
Programa de voluntariado internacional de corta duración, un ou dous meses durante o verán, que ten por obxectivo achegar ás persoas que dan apoio á organización á realidade das mulleres, mocidade e infancia dos proxectos que a ONGD leva a cabo nono Sur para, a través da experiencia persoal, crear un maior compromiso coa organización.
Teléfono 982 804 736
Correo de contacto coordinacion@tallerdesolidaridad.org
-
VOLUNTARIADO A TERREO
Onde? Países onde traballa a organización
Cando? A concretar
Axuda en Acción promove un voluntariado activo e comprometido cun mundo sen pobreza, exclusión e desigualdade. O voluntariado a terreo ofrece a oportunidade de coñecer outras realidades e comunidades afastadas nas que viven persoas con menos oportunidades. As ofertas publícanse na web de Axuda en Acción a partir do mes de febreiro para realizar voluntariados en grupo ou técnicos.
Teléfono 900 85 85 88
Correo de contacto informacion.galicia@ayudaenaccion.org
-
VOLUNTARIADO INTERNACIONAL FUNDACIÓN MADRESELVA
Onde? A concretar
Cando? A concretar. Mínimo un mes
A Fundación Madreselva ofrece voluntariado internacional para participar nos proxectos de cooperación internacional que a ONGD ten en marcha en distintos países e comunidades.
Teléfono 91 730 10 35
Correo de contacto voluntarios@madreselvaongd.net
-
VOLUNTARIADO INTERNACIONAL MÉDICOS DO MUNDO
Onde? A concretar
Cando? A concretar
As necesidades de voluntariado en terreo cóbrense segundo o perfil preciso en cada caso. As persoas que participan no voluntariado internacional de Médicos do Mundo pasan un proceso de selección específico. Por outra banda, a ONGD conta cun grupo permanente para poder dar resposta a emerxencias humanitarias (GIRAH) que ten características específicas. As persoas que forman parte deste grupo deben ter un nivel alto de inglés (desexable francés); ter experiencia previa en proxectos de Acción Humanitaria; dar resposta aos requisitos de formación e experiencia requeridos no proxecto; e ter dispoñibilidade de saída inmediata.
Correo de contacto galicia@medicosdelmundo.org
-
VOLUNTARIADO INTERNACIONAL PEDRO ARRUPE (VOLPA)
Onde? África e América Latina
Cando? A partir de outubro
O programa de voluntariado internacional Pedro Arrupe (VOLPA) de Entreculturas busca canalizar a inquedanza de persoas maiores de 21 anos que queren comprometerse cun proxecto de desenvolvemento a longo prazo (1 ou 2 anos). VOLPA ofrece formación, preparación e reflexión para vivir unha experiencia de servizo durante un ou dous anos nalgún dos proxectos das organizacións coas que a organización traballa en África e América Latina.
Teléfono 981 581 409
Correo de contacto santiago@entreculturas.org
-
VOLUNTARIADO INTERNACIONAL SOGAPS
Onde? Sáhara (campamentos persoas refuxiadas)
Cando? A concretar
Posibilidade de realizar unha estancia de voluntariado internacional nos Campamentos de Refuxiados Saharauís para desenvolver tarefas de cooperación en función das necesidades existentes no momento e previa valoración dos candidatos por parte da Asociación.
Teléfono 986 262 637
Correo de contacto voluntariado@sogaps.org
-
VOLUNTARIADO SEMILLA PARA EL CAMBIO
Onde? India
Cando? entre 4 e 6 meses de xullo a decembro
A ONGD Semilla para el Cambio ofrece dous tipos de voluntariado de longa duración (entre 4 e 6 meses): o de educación e o de comunicación. No primeiro as persoas con experiencia como mestre/a, pedagogo/a, orientador/a escolar ou similar dan apoio ao equipo docente da ONG en Varanasi (India). O segundo, para apoiar dende a India ao equipo de comunicación da ONG colaborando coa redacción de contidos e materiais audiovisuais.
Teléfono 981 25 20 11
Correo de contacto rrhh@semillaparaelcambio.org
-
VIAXES DE ACCIÓN SOLIDARIA SEMILLA PARA EL CAMBIO
Onde? India
Cando? A concretar
En colaboración con Open Eyes, Semilla ofrece unha viaxe para coñecer India e o labor dunha ONGD en primeira persoa. A viaxe comeza cunha ruta turística por Agra, Pushkar, Jaipur e Delhi, para rematar en Varanasi, onde o grupo pasará 5 días de inmersión cultural e achegarase ao traballo da ONGD e á realidade das comunidades fora das rutas turísticas tradicionais.
Teléfono 667 163 202
Correo de contacto info@openeyesproject.com
-
VIAXES DE TURISMO RESPONSABLE CON SODEPAZ
Onde? Países onde traballa a ONGD
Cando? A concretar
A ONGD Panxea colabora coa ONGD estatal SODePAZ no seu programa de viaxes de turismo responsable en diversos países. Nesta viaxes propoñen formas de coñecer as realidades locais dende o respecto ás comunidades e ao medio.
Teléfono 981 582 455
Correo de contacto jyd.galicia@jovenesydesarrollo.org
-
VIAXES SOLIDARIAS DE MIRADAS AL MUNDO
Onde? Guinea Bissau
Cando? Ao longo do ano
Miradas al Mundo viaxa un mínimo de tres veces ao ano a Guinea Bissau para iniciar novos proxectos e supervisar os que están en marcha. Existe a posibilidade de acompañar ao equipo técnico nesta viaxe e vivir a realidade en primeira persoa. É unha viaxe cun número moi limitado de persoas e sempre se lle dá prioridade ao voluntariado e persoas socias que apoian á organización no día a día.
Teléfono 651 119749
Correo de contacto ongmiradasalmundo@gmail.com
A continuación achegamos información das oportunidades de viaxar ao Sur en clave de solidariedade que ofrecen as ONGD galegas. As propostas están divididas entre Voluntariado internacional e Viaxes Solidarias
Voluntariado internacional
Viaxes solidarias
Outras páxinas onde atopar información sobre voluntariado internacional e viaxes solidarias: