- A Coordinadora Galega de ONGD e a Coordinadora Estatal de ONGD mostramos o noso apoio á folga xeral do 11 de novembro en defensa do dereito a unha vivenda digna e polo fin da especulación inmobiliaria.
- Sumámonos á defensa do dereito humano á vivenda como elemento fundamental para garantir vidas dignas aquí e en calquera lugar do mundo.
- Apoiamos tamén o resto das reivindicacións, como a subida dos salarios.
Sumámonos a centos de colectivos que convocaron a folga xeral como resultado dunha situación insostible na que o custo da vida aumenta, o acceso á vivenda resulta inalcanzable e os salarios, mentres tanto, vense debilitados.
A imposibilidade de acceder a unha vivenda digna converteuse nun elemento determinante para o deterioro da calidade de vida tanto en no estado español como no resto do planeta. É unha consecuencia máis dun sistema que se mostra claramente insostible e que está debilitando dereitos fundamentais de millóns de persoas en beneficio dunha minoría privilexiada que antepón os seus intereses económicos ao benestar colectivo.
A folga do 11 de novembro reivindica dereitos fundamentais que son a base das democracias. Por todo iso, mostramos o noso apoio á folga e ás mobilizacións que se realizarán en todo o Estado español.


