Obradoiro “Software libre no meu peto”

Lugar Centro Xove de Creacion Cultural (barrio da Almáciga, Compostela) Organiza Compostela máis Solidaria Data: 21/04/2026

Queres coñecer ferramentas dixitais máis éticas e seguras? Da man do colectivo ciberactivista Barracón Digital agora podes! Só necesitas vir a este obradoiro e, se podes, traer o teu teléfono móbil.

📅 Martes 21 de abril
⌚ 18:00-19:45

 

En “Software libre no meu peto” identificaremos quen xestiona as aplicacións máis comúns e  veremos como afectan á privacidade, o medio ambiente, a economía local e os dereitos humanos. E, dun xeito práctico e ameno coñeceremos alternativas libres e seguras a todas esas aplicacións que podemos incorporar tamén en familia ou comunidade.

Este obradoiro forma parte da Escola de Activismos, unha das actividades que conforman a programación de Compostela máis Solidaria 2026.