Somos Ponte celebra un encontro entre traballadoras do sector primario de Pontevedra e o Sur Global

Este encontro de traballadoras do mar e da terra quere visibilizar as conexións existentes entre produtoras de Guatemala e Honduras e da provincia, así como a súa importancia social como garantes da soberanía alimentaria e no coidado do territorio. Será en Pontevedra o vindeiro 19 de outubro.

Fonte: IPPDH

01 Outubro 2026 |

Somos Ponte, o programa que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza na súa cuarta edición un encontro de mulleres traballadoras do mar e da terra de Pontevedra e de países do Sur Global.

Unha xornada que ten como obxectivo visibilizar as conexións existentes entre as produtoras do Sur Global e as da provincia, así como a súa importancia social como garantes da soberanía alimentaria e no coidado do territorio.

Quen participa neste encontro?

Aprenderemos de experiencias profesionais compartidas, falaremos da situación das mulleres como profesionais do sector primario nos distintos territorios e coñeceremos a estratexias de responsables comunitarias e defensoras de dereitos do Sur Global fronte a retos que descubriremos comúns.

Farémolo da man da agricultora e conservadora de sementes autóctonas Dilma Cruz (Honduras) e a produtora agrícola e pecuaria Elida Súchite (Guatemala), que ademais é coordinadora do grupo de mulleres da Caixa de Aforro e o Banco Comunitario de Sementes da súa comunidade.

Completan as relatoras Hadee Méndez (Guatemala), responsable do seguemento técnico dos proxectos da asociación para a defensa do hábitat MejorHa, e a defensora de dereitos humanos Haydée Castillo (Nicaragua).

Este encontro está aberto a todas aquelas mulleres que traballan nos sectores do mar e do campo en calquera dos seus oficios, así como as que traballan nestes ámbitos dende confrarías, asociacións, sindicatos,… ou en relación dende outros espazos, como o ensino, a investigación, a innovación social, o territorio, a cultura e a arte. Sodes todas benvidas!

Que faremos, cando e onde?

O encontro celebrarase o luns 19 de outubro no salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra, de 10:00 a 18:00, cun tempo de xantar colectivo e a posibilidade, para quen non poida quedarse pola tarde, de asistir só en horario de mañá. Este é o programa previsto!

Participarán neste encontro profesorado e alumnado da provincia responsable de proxectos  gañadores do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, para compartir con todas as asistentes -e moi especialmente as relatoras que nos acompañarán- os seus traballos, vinculados a cuestións que estarán moi presentes nas conversas, como agricultura e consumo sostible ou igualdade.

Reflexións compartidas e arte

Nesta edición Somos Ponte aposta de novo polo encontro e as conexións entre o local e o global, pero tamén pola creatividade e a arte como ferramenta de expresión.

Por iso completan o encontro Raquel Doallo, que será a responsable de convertir nunha regueifa colectiva e con distintos sotaques todo o que se fale durante a mañá, e as coreógrafas Eva Comesaña e Alejandra Balboa.

No seu caso desenvolverán pola tarde Á Beira: unha mostra do seu laboratorio creativo que, a partir dos saberes e experiencias compartidos durante á xornada darán forma -coa colaboración activa das participantes- a un espectáculo de danza que poñerá o punto final o un encontro no que xa podes reservar a túa praza.

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: