A cuarta edición de Somos Ponte bota a andar na xornada “O mundo que queremos”

O programa que desenvolve a Coordinadora Galega de ONGD co apoio da Deputación de Pontevedra participou nesta iniciativa colectiva con xogos de sensibilización sobre a cooperación e un encontro.

Fonte: IPPDH

21 Setembro 2026 |

A cuarta edición de Somos Ponte botou a andar esta fin de semana en Vigo, no marco da xornada colectiva “O mundo que queremos”: un programa de actividades para toda a familia, organizado pola Rede Social Galicia Sur, no que houbo un percorrido de xogos solidarios, obradoiros, actividades e concertos. Nesta xornafa participaron diversas organizacións e proxectos da provincia vinculados á solidariedade, a cooperación e os dereitos humanos. Entre eles, Somos Ponte.

Somos Ponte en “O mundo que queremos”

O programa, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Deputación de Pontevedra, aportou a esta xornada unha proposta lúdica orientada a comprender mellor a cooperación. Primeiro, cunha gymkana de preguntas e respostas coas que aprender a cooperar, e logo cun xogo de palabras, especialmente pensado para público infantil pero polo que pasaron maiores e pequenos. Porque, a quen non lle gusta xogar!

Pero, ademais, Somos Ponte celebrou un encontro coas persoas que, ás seis da tarde, se atopaban visitando os stands da xornada.

A idea desta pequena reunión era dar a coñecer Somos Ponte á cidadanía, así como as conexións entre a provincia de Pontevedra e o Sur Global. Para iso contamos coa colaboración de Solidariedade Internacional de Galicia, que ofreceu durante todo o día unha degustación de café de comercio xusto.

Grazas a ela, moitas persoas que visitaban o centro comercial descubriron como con pequenas decisións, por exemplo sobre o noso consumo, é posible contribuír a relacións económicas máis xustas que repercuten na vida de persoas que se encontran a milleiros de quilómetros.

Pero tamén explicamos que é Somos Ponte, como pon en valor a cooperación ao desenvolvemento e como axuda a conectar a provincia de Pontevedra co Sur Global. Ao remate, as persoas que asistiron ao encontro recibiron como agasallo unha boneca quitapesares confeccionada por mulleres maia de Guatemala.

Participando en “O mundo que queremos”, Somos Ponte vinculouse a unha acción colectiva pensada para poñer en valor -a través do contacto directo coa veciñanza de Vigo- solidariedade, sostiblidade e outros valores que teñen que ver coa cooperación ao desenvolvemento.

Valores que son os alicerces do propio Somos Ponte, un programa pensado para visibilizar como o compromiso local incide na xustiza global.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: