Así foi Somos Ponte: unha xornada para coñecer de preto a cooperación ao desenvolvemento galega

O encontro enmárcase dentro do programa de sensibilización Somos Ponte, que impulsamos coa colaboración da Deputación de Pontevedra para poñer en valor a importancia da cooperación local.

Fonte: IPPDH

O mércores 29 de novembro o Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acolleu a xornada “Somos Ponte”: un encontro entre responsables políticos, persoal técnico da administración local e profesionais e voluntarios de diversas ONGDs e colectivos do ámbito social da provincia.

A cita tiña como obxectivo ofrecer información de primeira man sobre cooperación ao desenvolvemento, poñendo especial énfase no valor da cooperación local ou descentralizada.

Somos Ponte: compromiso local, xustiza global

A xornada toma o seu nome do programa de sensibilización que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve coa Deputación de Pontevedra e que ten como obxectivo compartir coa cidadanía os valores da cooperación ao desenvolvemento.

Iso por unha banda, porque por outra o que quere é concienciar do valor que, no Sur Global, ten o compromiso de administracións locais, como o caso da propia Deputación.

A deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos, xunto coa presidenta da Coordinadora, María Paz. Xuntas deron a benvida institucional á xornada Somos Ponte

 

Un compromiso que se materializou coa participacipación na xornada da deputada de Igualdade e Benestar Social Sandra Bastos, quen fixo fincapé na simboloxía de “ser ponte” nun contexto internacional cada vez máis complicado.

 

Trala súa intervención, comezaron as conversas previstas, artelladas arredor de tres ámbito da cooperación ao desenvolvemento: o traballo en terreo, nos países do Sur Global, o traballo de sensibilización e voluntariado aquí en Galicia e o papel de colaboradores e financiadores.

Para iso, a xornada contou coa participación de Felipe Noya (Médicos do Mundo), Lara Medín (Arquitectura sen Fronteiras), Amalia Lamarca (Fundación Balms), Estafenía Franco e José Luis Barreiro (Entreculturas), María Potel (Mans Unidas), Henar Quintas (Universidade de Vigo), Juan González (Fondo Galego de Cooperación) e Eugenia Paz e Carolina Diz (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia).

 

A xornada ofreceu a posibilidade de coñecer de preto, da man de Solidariedade Internacional e Azada Verde, dous proxectos financiados pola Deputación de Pontevedra, como exemplo de en que se materializa a cooperación que se impulsa dende as administracións locais.

A cooperación galega coa perspectiva do Sur Global

Somos Ponte contou tamén coa participación presencial de Roxanna Cubías, defensora de dereitos, feminista e xestora de proxectos de desenvolvemento en O Salvador, que aportou a súa visión da cooperación galega dende a perspectiva do Sur Global. E que ademais nos axudou a contextualizar a realidade política e social do seu país e o impacto que esta ten nos dereitos da cidadanía.

A xornada ofreceunos tamén a posibilidade de escoitar o testemuño pre-gravado de Juventina López, defensora de dereitos con gran vinculación coa cooperación galega. Aquí tes o vídeo!

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: