Xornadas “Decolonizar para transformar”

Organiza Solidariedade Internacional de Galicia, grupo de investigación ECIGAL e Oficina de Cooperación e Voluntariado-Universidade da Coruña Data inicio 05/11/2026 - Data fin 06/11/2026 Límite inscrición 04/11/2026 Prezo Inscrición gratuíta Ver programa

A nosa socia Solidariedade Internacional de Galicia, xunto ao grupo de investigación ECIGAL e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, organizan Decolonizar para transformar: repensando os programas universitarios de cooperación internacional.

Unha proposta que parte dunha pregunta: é posible unha cooperación decolonial dende as universidades?

As dúas xornadas permirián compartir diálogos Sur-Norte con organizacións sociais de Bolivia, Guatemala, Honduras, Portugal e Galicia, así como de persoas que realizaron estadías de coñecemento da cooperación en países do Sur Global, financiadas pola Universidade da Coruña e outras universidades galegas e do norte de Portugal. Podes consultar aquí o programa.

A asistencia poderá certificarse no caso de participar nas dúas xornadas completas. Podes saber máis clicando aquí.