A cuarta edición do Premio galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global vén de culminar a sua primeira etapa, co peche de recepción de propostas.
Nesta ocasións, serán 20 os proxectos que deberán ser avaliados polo xurado. Concretamente, 7 da categoría A (Educación Infantil e Primaria), 9 da categoría C (Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional) e 4 da categoría C (universidades).
O xurado está formado por seis persoas, entre persoal da Coordinadora Galega de ONGD, persoal de Cooperación Galega (Xunta de Galicia), persoas expertas en Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global e profesorado con experiencia neste eido sen proxecto nesta convocatoria.
Gala de entrega de galardóns en xuño
Será no mes de maio cando se dean a coñecer os proxectos gañadores. As docentes responsables dos mesmos, xunto co seu alumnado, serán as protagonistas da gala de entrega de premios que terá lugar en Compostela o vindeiro 16 de xuño.
Como na anterior edición, o Premio contempla diplomas para o alumnado, un distintivo para o centro e a viaxe a proxectos de cooperación en Guatemala para o profesorado responsable dos proxectos galardoados.

