Que conecta a Compostela co Sur Global?

Un encontro ofrece á veciñanza a posibilidade de coñecer -a través de conversas, contacontos e cinema- a súa vinculación cos proxectos de cooperación desenvoltos nos últimos meses en distintos países do mundo co apoio do Concello de Santiago.

Fonte: IPPDH

A compostelá Casa das Máquinas acolle o venres 8 de maio Compostela co Sur Global: un encontro coa veciñanza de todas as idades, no que coñecer de preto a cooperación ao desenvolvemento que se impulsa dende Santiago, pero sobre todo ás súas protagonistas.

Como xa ocorreu o ano pasado, haberá ocasión de coñecer de primeira man a experiencia de organizacións de cooperación ao desenvolvemento galegas e tamén do Sur Global, que participarán en liña. Pero tamén haberá contacontos, cinema e petiscos de comercio xusto.

Que organizacións participan en Compostela co Sur Global?

Compostela co Sur Global quere ser, ademais dunha oportunidade de coñecernos ONG e veciñanza, un exercicio de transparencia, xa que as organizacións que participarán nas conversas son receptoras da última convocatoria da subvención municipal a proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsada dende a Concellería de Dereitos Sociais.

Por tanto, a cidadanía compostelá poderá coñecer de xeito directo en que se materializou a súa aportación en países como El Salvador, Guatemala, Honduras, R.D do Congo ou Guinea Bissau.

Nestes momento estamos acabando de pechar as conversas, pero en breve poderemos detallar o seu contido e as súas protagonistas!  O que podes facer xa é adiantar a túa inscrición neste encontro clicando aquí.

E despois das conversas…

As conversas e escoitadoiro previstos están pensados como formatos lixeiros, abertos ás preguntasdo público, pero a partir das 18:30 a xornada cambiará totalmente de rexistro.

Primeiro cunha pausa-café con produtos de comercio xusto para as asistentes ás conversase as organizacións participantes e, a partir das 19:00 co espectáculo de contacontos “Historias dun mundo grande”, a cargo de Bandullo Azul: un percorrido polo mundo a través de historias que falan de solidariedade e respecto por todas as culturas e persoas que habitan o mundo.

E ás 20:00, sesión de cinema, cunha selección sorpresa de curtametraxes que se adaptará ao perfil do público que a esa hora ocupe a súa cadeira fronte a pantalla. Falaremos de diversidade, migracións, valores…a través dunha escolma de pezas audiovisuais acompañadas por pipocas de millo para todas.

PROGRAMA PREVISTO

16.30. Benvida, coa concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, e a presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz

16:45. Conversas con organizacións galegas (información en ampliación)

17:45. Escoitadoiro con organizacións do Sur Global (información en ampliación)

18:30. Café e petiscos de comercio xusto para coñecernos mellor

19:00. “Historias dun mundo grande”, de Bandullo Azul. Contacontos para todos os públicos

20:00. Sesión de cinema: selección sorpresa de curtas con pipocas de millo.

20:45. Peche da actividade

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: