Informe do resultado do proceso de elaboración da Estratexia de educación para o desenvolvemento da cooperación galega

Autoría Xunta de Galicia Resumo Documento elaborado por Tempo de Loaira S. Coop. Galega a solicitude da Xunta de Galicia para dar resposta ao compromiso do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 para a mellora da planificación e xestión das actuacións e a definición dun marco estratéxico de acción en educación e comunicación para o desenvolvemento. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , Informes , ONGD Ler documento

A implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible na Xunta de Galicia

Autoría Universidade Complutense de Madrid Resumo Este estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixido polo profesor José Antonio Alonso, trata de explorar o enfoque e os procedementos a través dos cales se pode adoptar e adaptar a Axenda2030 ODS ao ámbito das competencias propias da Xunta de Galicia, así como identificar as implicacións que se derivarían dese proceso en termos de mecanismos institucionais para o seguimento da Axenda. Temática Axenda 2030 , Cooperación Galega Ler documento

Informe 2017 da Cooperación Galega

Autoría Xunta de Galicia Resumo Presentamos neste documento o Informe anual de Cooperación Galega 2017, no que damos conta á cidadanía galega das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para dar cumprimento aos nosos compromisos coa cooperación para o desenvolvemento recollidos no III Plan director 2014-2017. Temática Cooperación Galega , Informes Ler documento

Pacto Galego contra a Pobreza

Autoría A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo O Pacto Galego contra a Pobreza xorde en 2009 como iniciativa da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.\r\n\r\nO texto do Pacto recolle compromisos políticos concretos en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento e de loita contra as desigualdades e a inxustiza social. Ditos acordos foron consensuados coas partes asinantes para situar a cooperación ao desenvolvemento fóra dos intereses partidistas e das estratexias dos períodos de goberno concretos. Temática Cooperación Galega , Lexislación , ONGD Ler documento

Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento 2010 – 2012

Autoría Alicia López Fariña e Estíbaliz Táboas Pazos Resumo O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) propúxose abrir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de Fortalecemento e ED aprobados no ano 2012. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento