Taller de sensibilización sobre a “fast fashion” e a industria téxtil a través do circo

A CGONGD organiza unha actividade de reflexión e creación artística en colaboración con Circo Nove e A Vela Circo

Fonte: IPPDH

A Coordinadora Galega de ONGD, a asociación Circo Nove,a compañía A Vela Circo e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo lanzan un proxecto de reflexión e creación artística a través do circo sobre a industria téxtil, unha das máis contaminantes do mundo e cunha estreita relación co territorio galego e a súa economía.

A actividade está dirixida a mozas, mozos e moces de entre 18 e 35 anos interesadas na moda, o desenvolvemento sostible, o circo ou as artes escénicas. Durante catro xornadas recibirán unha formación intensiva nas instalacións da asociación Circo Nove de Santiago de Compostela, na que aprenderán diferentes disciplinas circenses e vivirán de primeira man o proceso de creación dun espectáculo. O domingo 8 de setembro o espectáculo, co-creado por todas as participantes, presentarase ao público na rúa.

 

De balde e con límite de prazas

A formación será gratuíta e para inscribirse é necesario cubrir este formulario antes do 1 de agosto. O número de prazas é limitado polo que se repectará a orde de inscrición.

O proxecto busca involucrar á mocidade de entre 18 e 35 anos, abordando temas como a contaminación ambiental, o consumo de recursos naturales, as condicións laborais, o papel da muller neste sector, a contaminación dos mares e ríos e o impacto social da industria téxtil e da súa cara máis devastadora, a fast fasion.

Tamén coñecer alternativas como o consumo e a produción responsable, a reciclaxe, a reutilización, a reparación da roupa, a importancia do uso de materiais ecolóxicos etc.

A través da linguaxe do circo, inspirándose nos temas anteriormente mencionados, desenvolverase unha nova fórmula de expresión colectiva. Desde o xogo do clown, a impro e o movemento libre na escena, investigaranse as diferentes maneiras de utilizar as artes de forma cotiá para sentirnos libres á hora de expresar as nosas ideas.

Para iso utilizaranse ferramentas de creación escénica, investigando non só con elementos e ferramentas de circo senón tamén fusionando artes plásticas, deseño indumentaria, poesía, música e calquera outro tipo de oficio ou disciplina artística.

 

Do 5 ao 8 de setembro en Santiago de Compostela

O laboratorio desenvolvésese en catro días consecutivos. Nos tres primeiros será de 10 a 14h e de 15 a 17h en Circo Nove (o horario pode estar suxeito a cambios). Neses días traballaremos as nosas tecnicas de forma colectiva e individual sempre desde o xogo e a improvisación, e as propostas que xurdan do colectivo. O cuarto día farase unha mostra a modo de working progress do traballo creado nunha praza Santiago Compostela.

Esta actividade de educación para a cidadanía está impulsado pola plataforma Futuro en Común, da que a Coordinadora forma parte e da que forman parte máis de 50 entidades e plataformas que loitas conxuntamente polos dereitos humanos e a protección do planeta. Conta co apoio de Enraíza Derechos, Ecodes e o financiamente da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: