O Museo do Pobo Galego acolle o I Encontro da Sociedade Civil Galega – Tecendo Futuro

A xornada reunirá a máis de 30 colectivos para seguir artellando un futuro xusto e sostible para o territorio galego

Fonte: IPPDH

O Museo do Pobo Galego acollerá este sábado 15 de xuño o I Encontro da Sociedade Civil Galega – Tecendo Futuro. Unha xornada que reunirá a preto de 30 organizacións e colectivos de toda Galicia para sumar ideas transformadoras que permitan tecer un futuro en común máis xusto e sostible para o noso territorio.

Este proceso, impulsado pola plataforma Futuro en Común, do que a Coordinadora Galega de ONGD forma parte, comezou xa a primeiros de maio, cunha serie de reunións online nas que participaron de máis de 60 organizacións, colectivos e movementos sociais da sociedade civil galega.

As xuntanzas telemáticas dividíronse en tres grandes bloques: “Unha economía ao servizo das persoas e o planeta”, “Unha casa para todas” e “Unha democracia vizosa”, nas que se trataron multitude de cuestións relacionadas co medio ambiente, o rural, os dereitos, a inclusión, a economía alternativa, o desenvolvemento sostible e a igualdade. Podes consultar a síntese de cada xuntanza e o resumo de todas as achegas neste enlace.

O encontro presencial deste sábado pretende ser un punto de partida e unha oportunidade para tecer redes e traballar conxuntamente na creación dunha axenda transformadora, que nos permita avanzar cara a un futuro en común xusto e sostible para todas as persoas e o planeta que habitamos. A xornada comezará ás 11:00 horas e estenderase ata as 17:00 horas da tarde.

Organizacións participantes nas mesas online e no encontro presencial:

  • REAS Galicia
  • aopaso
  • Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non
  • Fundación Vicente Ferrer
  • Agareso
  • Coop57 Galiza
  • AlasRaices S. Coop.Galega
  • Fundación Roberto Rivas
  • Eo Alimenta
  • AGCT
  • SomosTerra S. Coop.
  • Mulleres Salgadas
  • Sindicato Labrego Galego
  • Amigas da Terra
  • Colectivo pola Renda Básica da Coruña
  • Rede para o Decrecemento
  • Teachers for Future
  • Manos Unidas
  • Entreculturas
  • Taller de Solidaridad
  • Solidariedade Internacional de Galicia
  • FEG (Federación Ecoloxista Galega)
  • ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
  • ARELAS
  • Provivienda
  • Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)
  • Movemento pola Paz
  • SOS Racismo Galicia
  • AMINO Galicia
  • EAPN-Galicia
  • Enxeñería sen fronteiras (ESF)
  • Fundación Secretariado Gitano
  • Azos Feministas
  • Familia Educa – Fundación Amigó
  • Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS)

 

  • ONG AIRE
  • Mujeres negras que cambiaron el mundo
  • Médicos do mundo
  • Aventeira S. Coop. Galega
  • Colectivo pola Renda Básica da Coruña
  • Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia
  • Ecoloxistas en Acción
  • ALAS A Coruña, Movemento Pola Paz
  • Arquitectura sen Fronteiras
  • COGAMI
  • UNICEF Comité Galicia
  • Amnistía Internacional
  • Igaxes
  • Arraianas
  • Dereito a morir dignamente
  • Asemblea de Cooperación pola Paz
  • Faísca Consultora
  • Xornalistas Galegas
  • Médicos do Mundo
  • O Salto Galiza
  • Señora Placerful
  • InteRed Galicia
  • Comité Intercentros CRTVG
  • CCOO
  • Amnistía Internacional
  • GPUL: Grupo de Programadores e Usuarios de Linux
  • Fundación Terrum
  • Colexio de Xornalistas
  • Nova Escola Galega
  • Afetadas polo Turismo do Morraço
  • Sintrahocu (Sindicato de Trabajadoras del Hogar y de los Cuidados) 

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: