#TaxTheRich: Asina para que paguen os súper ricos!

Só temos ata o 9 de outubro! Apoia a nosa iniciativa e esixe un sistema fiscal europeo máis xusto.

Fonte: IPPDH

18 Setembro 2024 |

Queremos que se poña en marcha un imposto sobre as grandes fortunas destinado a reforzar a loita contra a pobreza, as desigualdades económicas e sociais, e que xere recursos adicionais que permitan financiar medidas urxentes para combater o cambio climático.

Este imposto permitiría xerar importantes recursos adicionais que se destinarán a investimentos para a inclusión social e unha transición ecolóxica xusta nos países da Unión Europea, así como para aumentar o orzamento da UE destinado a políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento e financiamento climática.

NECESITAMOS 1 MILLÓN DE FIRMAS EN TODA EUROPA ANTES DO 9 DE OUTUBRO PARA QUE A COMISIÓN EUROPEA NOS ESCOITE

Trátase dunha Iniciativa Ciudadana Europea que conta co apoio de decenas de organizacións e plataformas de toda Europa e tamén de personalidades como a herdeira millonaira e activista social xermano-austriaca Marlene Engelhorn.

Débese obter o apoio de polo menos 1 millón de cidadáns e cidadás da UE cun número mínimo de firmas en polo menos sete países. Para España o número de apoios mínimo a alcanzar é de 41.595 firmas.

Podes saber máis sobre a a campaña en tax-the-rich.es.

Comparte esta proposta cos teus contactos, segue e difunde co hashtag #TaxTheRich.

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: