Informe do resultado do proceso de elaboración da Estratexia de educación para o desenvolvemento da cooperación galega

Autoría Xunta de Galicia Resumo Documento elaborado por Tempo de Loaira S. Coop. Galega a solicitude da Xunta de Galicia para dar resposta ao compromiso do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 para a mellora da planificación e xestión das actuacións e a definición dun marco estratéxico de acción en educación e comunicación para o desenvolvemento. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , Informes , ONGD Ler documento

Xénero e Desenvolvemento

Autoría Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) constitúese o 21 de xuño de 2007, tras a celebración da Asemblea Xeral do 26 de maio do 2007 na que se formulou a necesidade de crear Comisións de Traballo internas da Coordinadora co fin de paliar o déficit de participación real das ONGD integradas e para dar un pulo ao funcionamento da propia Coordinadora. Temática Educación para a Cidadanía Global , ONGD , Xénero Ler documento

Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento 2010 – 2012

Autoría Alicia López Fariña e Estíbaliz Táboas Pazos Resumo O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) propúxose abrir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de Fortalecemento e ED aprobados no ano 2012. Temática Cooperación Galega , Educación para a Cidadanía Global , ONGD Ler documento