Consultoría para o programa “Ti tamén contas”
Convoca Fundación Vicente Ferrer Fin de prazo 30/09/2026
A nosa socia Fundación Vicente Ferrer busca a contratación de servizos para desenvolver unha liña de base externa do programa “Ti tamén contas: historias fiadas de mulleres rurais para crear unha cidadanía crítica e con conciencia feminista”. Trátase dun programa de educación transformadora financiado pola convocatoria da Xunta 2026-28
A base externa que se busca a través desta oferta é o elemento clave do sistema de seguemento, avaliación e aprendizaxe do programa. Aquí podes consultar os termos de referencia para a contratación deste servizo.
O prazo de presentación de propostas péchase o 30 de setembro ás 24:00. As indicacións para facelo correctamente están no enlace.
