Publicada a Estratexia de Acción Humanitaria da Cooperación Española 2019-2026

Fonte: IPPDH

A Cooperación Española acaba de publicar a Estratexia de Acción Humanitaria (AH) 2019-2026, un documento que orientará o traballo en materia humanitaria do conxunto de actores da cooperación ao desenvolvemento no Estado español.

A Estratexia, elaborada coa colaboración de distintos actores, conta con tres liñas estratéxicas e o compromiso de lograr unha dedicación do 10% da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) española ata 2026.

As principais liñas de traballo céntranse na promoción dos principios humanitarios, do dereito internacional humanitario e doutros marcos xurídicos co fin de garantir a protección e os dereitos das persoas afectadas por conflitos e desastres; mellorar a resposta integral da AH nas crises; e adecuar os medios e instrumentos ás novas tendencias e compromisos asumidos internacionalmente.

Neste enlace>>> podedes atopar o documento completo.

Fonte: Instituto de Estudio sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: