Técnica/o contable e administrativa/o para a Coordinadora Galega de ONGD
A Coordinadora Galega de ONGD precisa incorporar a unha persoa ao seu equipo técnico con formación en contabilidade e experiencia de traballo neste eido.
Trataríase dunha incorporación inmediata, cunha xornada de 25 horas semanais, flexibilidade horaria e opción de teletraballo catro días á semana. Salario e condicións segundo convenio laboral de acción e intervención social para grupo 2 (1.218 euros brutos ao mes en 12 pagas prorrateadas).
En canto ao perfil requerido, precísase:
- Formación e experiencia en contabilidade
- Manexo Excel/Calc
- Experiencia de traballo no eido da xestión e de subvencións públicas de axudas.
- Idiomas: Galego nivel alto en expresión oral e escrita.
- Carnet de conducir e posibilidade de desprazamentos.
- Capacidade de traballo en equipo
>> Por favor, le atentamente a oferta (as funcións do posto, o perfil completo e outras cuestións de interese) clicando aquí.
As persoas interesadas deben enviar o seu Currículum Vitae e adxuntar referencias, no seu caso, ao correo rrhh@galiciasolidaria.org indicando no asunto ‘Perfil_área_administración’ e nome. O prazo estará aberto ata o día 21 de maio (incluído).