Cando a comunidade se converte en escudo

O Encontro de Mulleres da Terra e do Mar de Pontevedra e o Sur Global celebrado dentro do programa Somos Ponte pon en valor o traballo das produtoras do sector primario para a soberanía alimentaria, pero tamén a súa implicación na defensa dos dereitos e o fortalecemento de comunidades.

Arrinca a terceira edición de Galicia Abriga

Aquelas organizacións inscritas no rexistro galego de ONGD que o desexen poden solicitar ata o vindeiro 30 de abril da acollida temporal de mulleres defensoras pertencentes a organizacións sociais de países onde a cooperación galega ten presenza, para que poidan mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que realizan o seu traballo de defensoría.