Defensoras de Dereitos, recoñecida como boa práctica de Educación para a Cidadanía Global

A iniciativa, impulsada pola Coordinadora en colaboración coa Deputación de Pontevedra, vén de recibir este recoñecemento de man da FEMP e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Fonte: IPPDH

Pechamos xuño cunha moi boa noticia: o programa Defensoras de Dereitos, que desenvolvemos coa Deputación de Pontevedra, vén de acadar o recoñecemento como boa práctica de educación para a cidadanía global.

Unha distinción outorgada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Axencia Española de Cooperación Internacional para do Desenvolvemento (AECID). 

Defensoras recibiu este recoñecemento na segunda convocatoria para iniciativas de entidades locais no marco estatal, na que foi unha das trinta seleccionadas e unha das mellor puntuadas.

 

 

Que é Defensoras de Dereitos?

Defensoras é unha iniciativa que impulsamos conxuntamente coa Deputación de Pontevedra para visibilizar, recoñecer e poñer en valor a loita das mulleres na defensa dos dereitos humanos en países de América do Sur. 

Nas súas tres edicións realizáronse charlas, exposicións en colaboración co comercio de A estrada, Gondomar e Pontevedra. Tamén visitas dalgunhas das activistas protagonistas, ademais dunha fermosa e inspiradora colección de libros.

 

 

Libros que contan historias de vida

A colección de libros Defensoras de Dereitos está formada por cinco volumes, escritos pola xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal e ilustrados por Marta Conde e RotmInas.

Os libros están dirixidos ao público xuvenil e teñen un formato adaptado para que se reflexione e traballe colectivamente o seu contido. Actualmente pódelos atopar en centros educativos e espazos  como centros socioculturais e bibliotecas.

 

 

As súas protagonistas son Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador),  Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala). Cinco activistas que forman parte das máis de 2.000 mulleres defensoras organizadas en Mesoamérica.

Esta colección foi impulsada pola Coordinadora da man da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos IM-Defensoras.

 

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: