Resolución definitiva do II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

A Coordinadora fai pública a resolución definitiva do premio co que se pretende recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Fonte: IPPDH

A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución definitiva da segunda edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Nesta segunda edición presentáronse 15 candidaturas (3 correspondentes á Categoría A. Educación Infantil e Primaria; 5 correspondentes á Categoría B. E.S.O, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas; 7 correspondentes á categoría C. Ensinanzas Universitarias). Todas elas poden consultarse na plataforma do Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global.

Un xurado composto por sete persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución definitiva do Premio: 

 

Queremos destacar e poñer en valor os esforzos de todo o profesorado e dos
centros educativos participantes.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: