Terremoto Afganistán: devastación sobre un país en crise permanente

As consecuencias da catástrofe natural multiplícanse ao impactar sobre un país con niveis de pobreza e desigualdade extrema, sumido en graves crises dende hai décadas.

Fonte: IPPDH

Segundo datos de Nacións Unidas, máis de 29 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria en Afganistán e case 20 millóns se enfrontan a unha severa crise nutricional. Tal cifra amosa a situación extrema na que vive gran parte da población afgana. O impacto deste terremoto aínda non pode ser dimensionado, aínda que todo apunta a que as consecuencias sobre a poboación son e serán enormes.

Ata o momento, falereron 1.023 persoas e 1.663 resultaron feridas en once aldeas do distrito de Zindajan, na provincia de Herat, onde se calcula que o 100% das vivendas foron completamente destruídas. Outras 516 persoas están desaparecidas. En total, estímase que 11.585 persoas se viron afectadas nos distritos de Zindajan, Injil, Gulran, Kohsan e Kushk (Robat-e-Sagani), segundo datos da Oficina para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA).

Dificultades para chegar á poboación por parte da axuda humanitaria

O número de persoas feridas é moi elevado, o fráxil sistema sanitario,  a carencia de perfís especializados, así como a numerosa poboación que non chega aos servizos de saúde debido ás enormes distancias, fai pensar que a atención sanitaria non sexa nin a axeitada nin a suficiente para cubrir as necesidades esenciais da poboación. Coa chegada dos talibáns ao poder o acceso viuse afectado e hai múltiples dificultades por parte de organizacións nacionais e internacionais para traballar, o que recrudece aínda máis a situación humanitaria.

O apoio das axencias de Nacións Unidas e as ONG e organizacións locais, será fundamental para garantir a atención á poboación afectada. A comunidade internacional debe asegurar que a poboación civil, e en especial as mulleres e as nenas, reciben o apoio humanitario que precisan.

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: