Resolución provisional do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento

A Coordinadora Galega de ONGD fai pública a resolución provisional da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón co que se quere recoñecer experiencias educativas transfromadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Nesta primeira edición presentáronse 19 candidaturas (7 correspondentes á Categoría A: Educación Infantil e Primaria; e 12 correspondentes á Categoría B: ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas). Un xurado composto por seis persoas vinculadas ao mundo da educación, a cooperación e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en Galicia avaliou as candidaturas e aprobou por unanimidade a resolución provisional do Premio.

Neste enlace>>> atópase á resolución provisional do Premio onde se anuncian as candidaturas gañadoras e a relación de iniciativas presentadas a esta primeira edición. A partir de hoxe, e segundo o estipulado nas bases do Premio, ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 27 de xaneiro de 2021) para solicitar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas, as cales se remitirán ao enderezo electrónico premiogalegoed@galiciasolidaria.org

O 1 de febreiro de 2021 faranse públicas e difundiranse as candidaturas gañadoras segundo a resolución final aprobada polo xurado do Premio.