Estes días, arredor da data do 29 de novembro -Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino- millóns de persoas en todo o mundo volven a saír ás rúas para exixir que pare o asedio de Israel sobre a Franxa de Gaza, así como a ocupación dos territorios palestinos. Como en ocasiones anteriores, sumámonos a elas e exiximos paz, solidariedade e xustiza.
Máis dun ano despois do comezo dos bombardeos, a situación é insostible: a destrución é total na meirande parte do territorio gazatí, a fame utilízase como arma de guerra; cada hora, unhas 5 personas palestinas son asasinadas, case 45.000 morreron e unhas 100.000 resultaron feridas. As últimas cifras falan de entre 6.500 e 10.000 desaparecidas.
A situación en Gaza
Prácticamente toda a poboación de Gaza -máis de dous millóns de persoas- continúa sendo desprazada sen tregua e a axuda humanitaria entra con contagotas. 230 traballadoras e traballadores humanitarios foron asasinados e case 200 periodistas perderon a vida en ataques mentres realizaban o seu traballo. 9.000 personas foron detidas arbitrariamente. Non quedan hospitais, no hai escolas nin outras infraestruturas esenciais para a vida. Máis de 100 personas israelíes seguen retidas en Gaza.
En Cisxordania, a población palestina sofre ataques a diario e case 700 persoas morreron pola violencia dos colonos e do exército israelí.
En medio de todo isto, a situación dea infancia é especialmente preocupante: calcúlase que arredor de 40 nenos e nenas son asasinados cada hora e máis de 21.000 están en paradero desconocido.
As mulleres tamén sofren unha situación extrema na que se inclúe a violencia sexual. A atención obstétrica en Gaza viuse gravemente ameazada, con só dos doce hospitais operativos capaces de prestar servizos de maternidade. As mulleres embarazadas e os seus bebés afrontan condicións de alto risco, incluíndo atención prenatal inadecuada e medicamentos non esterilizados.