Exposición fotográfica ‘De oficio, defensoras’

As protagonistas desta exposición fotográfica son defensoras de dereitos e activistas. Mulleres que protexen o territorio do expolio e a cobiza; que combaten os abusos que sofren os seus pobos; que esixen xustiza e reparación para as superviventes dos conflitos armados e a violencia machista.

As defensoras sosteñen a vida malia o perigo que corren facéndoo. Camiñan xuntas unhas das outras sabéndose imprescindibles para mudalo todo. Defender os dereitos humanos é o seu oficio: unha forma de vida, unha profesión. Será así, din, ata que a violencia e as opresións deveñan en tenrura e afectos. Ata que a equidade, a xustiza e o respecto pola vida sexan bens universais.

Elas son de Guatemala, O Salvador, a India, Mozambique… Son artistas, psicólogas, xornalistas, guías espirituais… E todas elas, xunto as miles de defensoras que non participan nesta exposición, forman unha rede esencial de mulleres que protexen todos os dereitos humanos e todas as liberdades fundamentais.

Moitas das protagonistas colaboran con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e emancipación. E agora que a Coordinadora Galega de ONGD cumpre #30ANOS queremos compartir o seu imprescindible labor para seguir aprendendo e medrando xunto a elas.

Percorrer a exposición virtualmente premendo enriba de cada imaxe.

Warda Mohamed
Sáhara Occidental

Mariam Barghouti
Palestina ocupada

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: