Cumprimos #30ANOS

Son tres décadas de traballo colectivo, aprendizaxes e defensa dos dereitos humanos. Celebrámolo internamente e, en breve, farémolo publicamente.

04 Outubro 2021 |

A Coordinadora Galega de ONGD naceu o 1 de xuño de 1991 da man de dúas organizacións xa desaparecidas: Comisión Galega pro-Amazonia e Estudantes Solidarios. A este par de entidades se lles foron sumando, aos poucos, moitas outras organizacións e hoxe, 30 anos despois, somos 45 ONGD asociadas.

Para festexar estes #30ANOS de vida, xuntámonos as persoas que formamos parte das ONGD galegas despois de moitos meses de pantalla e teletraballo. Persoas que se incorporon hai pouco aos equipos técnicos e nos grupos de voluntariado das organizacións socias así como persoas que levan practicamente tres décadas vinculadas co traballo da Coordinadora.

A partir de novembro celebraremos os #30ANOS publicamente. Iremos informando sobre as distintas actividades!

Ana Vázquez

Ana Vázquez

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: