Campaña ‘Canto sabe(s)?’

‘Canto sabe(s)?’ é un xogo, un agasallo e unha campaña.

Unha proposta da Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Asociación Punto Comercio Compostela na que participan 14 organizacións e 37 comercios da cidade. Unha actividade no marco do programa Compostela + Solidaria.

O taboleiro deste xogo son os 37 comercios de Compostela que participan na campaña. As xogadoras e xogadores: a clientela que reciba de regalo unha chocolatina de comercio xusto cunha pregunta sobre os países do Sur global nos que traballamos as ONGD galegas xunto a organizacións locais.

As preguntas están divididas en 3 categorías: xénero e feminismos; extractivismo e soberanía alimentaria; e cultura

Queres xogar online?

Pincha nos globos e accede ás preguntas e respostas de cada país para aprender unha miga sobre eles. Coñecerás tamén o traballo das ONGD galegas e das organizacións locais nos distintos territorios!