

No Chad conviven máis de 140 grupos étnicos, cada un deles cun idioma propio. O árabe chadiano é a lingua vehicular entre todas elas; e o francés, de orixe colonial, a que se usa nas institucións e nas escolas.
Así, un neno ou nena chadiana, no seu día a día emprega tres linguas distintas: a lingua propia na casa e na aldea; o árabe chadiano cando fala con xente coa que non comparte lingua materna e o francés, na escola.
O francés e o árabe son os idiomas oficiais do Chad. Mentres que o francés é a lingua da educación e o goberno, o árabe é o idioma do comercio e as relacións entre persoas que non comparten lingua. Os programas de radio tamén se levan a cabo en árabe, francés e oito idiomas das familias lingüísticas do Nilo subsahariana e afro-asiática.
O territorio do Chad é algo máis que dúas penínsulas ibéricas pero con só 16 millóns de habitantes. Máis do 80% da poboación reside en zonas rurais e vive da agricultura de subsistencia. Só unha de cada catro persoas está alfabetizada, polo que o nivel educativo da poboación é moi baixo.
O Estado, en proceso de reconstrución despois de innumerables conflitos armados, no pode facer fronte ás necesidades de servizos públicos do país, incluída a educación.
A participación das mulleres
As desigualdades, os conflitos, a violencia contra as mulleres, o desprazamento e a pobreza provocada polo cambio climático, así como as repercusións da pandemia están a agravar os obstáculos que impiden a participación das mulleres, especialmente as que se topan con múltiples formas de discriminación.
Salma Khalil é unha artista e escritora chadiana comprometida coa igualdade e o desenvolvemento das mulleres e nenas. Para ela foi difícil saír adiante pero, grazas á súa determinación, aos seus estudos e ao apoio da súa familia conseguiu unha participación plena na sociedade e dedicarse ao que máis lle apaixona: axudar coa súa arte a outras mulleres e nenas.
Salma colabora co programa ‘A luz das nenas’ da Fundación Entreculturas axudando e apoiando ás nenas refuxiadas vítimas da violencia a fortalecer as súas capacidades de expresión, decisión e empoderamento.
Nur é outras das mulleres que forma parte do programa ‘A luz das nenas. Neste vídeo comparte o seu testemuño.