Apoiamos a ILP para unha regularización extraordinaria de persoas estranxeiras

O 19 de febreiro hai convocadas mobilizacións e actos de recollida de sinaturas en todo o Estado. En Galicia, a praza Cervantes de Compostela acollerá un acto a partir das 12 horas.

De acordo coas estimacións máis recentes, no Estado español residen de maneira irregular entre 390.000 e 470.000 persoas, das cales unha terceira parte serían menores de idade.

O sistema de acceso á residencia contemplado na lei de estranxeiría O 4/2000 resulta insuficiente e limitado e non se axusta á realidade actual das persoas migrantes que viven e traballan no Estado español. Por unha banda, os criterios de acceso á residencia son altamente restritivos e de moi difícil cumprimento, e por outra, o procedemento administrativo implementado é lento, burocrático e conta cunha elevada marxe de discrecionalidad á hora de conceder as autorizacións ou a súa renovación.

Esta dinámica xera unha espiral de vulnerabilidade e desprotección que acrecenta a exclusión social e impacta no conxunto da sociedade. Por este motivo, distintos colectivos antirracistas e de defensa dos dereitos das persoas migrantes baixo a campaña Esenciales lanzan unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para recoller 500.000 sinaturas que permitan regularizar de forma extraordinaria a 500.000 persoas e garantir o acceso aos seus dereitos. A Cordinadora Galega de ONGD súmeuse para darlle apoio e difusión.

“A irregularidade supón estar nunha situación de vulneración de dereitos permanente: non contar con dereitos laborais, a explotación laboral, a trata de persoas, a explotación sexual, a exclusión de servizos públicos básicos e esenciais como a educación, a sanidade e a vivenda”, afirmou a portavoz do Comité de Valencia da ILP Regularización Ya, Hilda Pérez, en declaracións a El Salto Diario.

A data límite para conseguir as sinaturas é o 23 de setembro. Neste enlace>>> atoparedes o texto lexislativo que se presentará xunto ás 500.000 firmas.

 

19 de febreiro: mobilización para recoller sinaturas

Para dar a coñecer a ILP á cidadanía e facer unha campaña masiva de recollida de sinaturas, o sábado 19 de febreiro hai convocadas en todo o Estado mobilizacións e actos.

En Galicia, a praza Cervantes de Compostela acollerá unha concentración, un recital e música a partir das 12 horas.

 

Puntos fixos habilitados para asinar en Galicia

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: