Terremotos en Venezuela: a axuda inmediata e o apoio a longo prazo son esenciais

Dende a Coordinadora Galega de ONGD trasladamos a nosa solidariedade coa poboación afectada e coa comunidade venezolana que forma parte da nosa veciñanza. A axuda inmediata é crucial para salvar vidas: por iso, diversas organizacións están xa a mobilizar recursos para atender as necesidades máis urxentes.

Fonte: IPPDH

Dous terremotos cunha magnitude de  7,2 e 7,5 con apenas 39 segundos de diferenza sacudiron o norte de Venezuela, provocado graves danos materiais e deixando  a milleiros de persoas afectadas e importantes necesidades humanitarias.

Sabemos neste momento que 920 personas morreron e que máis de 3.000 resultaron feridas, aínda que estas cifras probablemente irán variando a medida que avancen os traballos de búsqueda de persoas e de retirada de escombros. Neste momento, moitos fogares reúnense en espazos abertos ou están durmindo na rúa por temor a que se produzan novos derrubamentos.

A portavoz da Organización Internacional para as Migracións, Zoe Brennan, estimou que 6,76 millóns de persoas poderían terse visto afectadas, incluíndo dous millóns de personas na capital, Caracas, en agarda de estimaciones máis precisas.

Que están a facer as ONGD galegas?

Neste momento hai xa numerosas organizacións de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria activando mecanismos de axuda para responder á emerxencia en coordinación coas súas parceiras locais. Entre elas, algunhas organizacións da Coordinadora Galega de ONGD:

  • Entreculturas: xunto con Albian, e da man das súas organizacións socias no país Fe y Alegría e JRS, está facendo unha avaliación rápida de necesidades sobre o terreo e activando a súa resposta para atender as necesidades humanitarias máis urxentes, como refuxio seguro, auga potable, alimentos, atención sanitaria e protección para as familias.
  • Farmamundi: está neste momento xestionando envío de kits e medicamentos esenciais e identificando, coas súas sociais locais sobre o terreo, que necesidades poden cubrir para abordalas de xeito eficaz nos vindeiros días.
  • Axuda en Acción: está a facer seguimento da situación e a avaliar, de par dos seus equipos no país, as necesidades para identificar a mellor maneira de contribuír á resposta humanitaria. Axuda en Acción forma parte da plataforma internacional Alliance2025 e de diferentes espazos e axencias de coordinación humanitaria.
  • Educo: está neste momento, como membro da alianza Childfund,  avaliando as necesidades máis urxentes sobre o terreo en coordinación con organizacións locais para activar a axuda necesaria para as familias afectadas, especialmente os nenos e nenas.

Como podes axudar ti?

É moi importante, en momentos coma este, artellar un apoio internacional que complemente as capacidades locais, tanto para atender as necesidades inmediatas como para acompañar os procesos de recuperación a medio e longo prazo trala emerxencia.

En todo isto, o papel da cidadanía é fundamental. Somos unha sociedade solidaria, pero para que as nosas ganas de axudar realmente sumen é importante non perder de vista algunhas recomendacións:

  • A boa vontade non é suficiente. Se queremos apoiar, debemos asegurarnos de optar pola opción máis eficaz e segura, tanto para as persoas ás que queremos axudar como por nós mesmas.
  • Nunha situación de crise humanitaria, os problemas manteranse por moito tempo. A nosa axuda non é urxente, senón que será válida (e necesaria!) durante moito tempo.
  • En moitas cidades galegas hai asociacións de persoas migrantes vinculadas a Venezuela: contactar con elas e preguntar que necesitan tamén é unha boa idea.
  • Xa existen posibilidades de apoio activadas neste momento no país: hai numerosas organizacións de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria traballando nas zonas afectadas.
  • As necesidades non se ven igual dende aquí que no país afectado. Por iso, confiemos nas organizacións coas que contactamos e que coñecen a situación de primeira man.
  • Tanto ONGD como axencias humanitarias adoitan solicitar apoio económico co obxectivo de comprar kits estandarizados por dúas razóns: que sexan idóneos para a situación que se aborda e para mercalos no propio país ou en países próximos, para contribuír á economía local.
  • As organizacións envían sempre persoal experimentado con formación específica en emerxencias, non voluntariado.

Podes atopar información ampliada sobre recomendacións coma estas ou sobre organizacións estatais que están a traballar en Venezuela a través da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo, da que formamos parte.

Dende a Coordinadora Galega de ONGD trasladamos a nosa solidariedade coa poboación directamente afectada e coa comunidade venezolana que forma parte da nosa veciñanza.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: