A compostelá Casa das Máquinas acolle o venres 8 de maio Compostela co Sur Global: un encontro coa veciñanza de todas as idades, no que coñecer de preto a cooperación ao desenvolvemento que se impulsa dende Santiago, pero sobre todo ás súas protagonistas.
Como xa ocorreu o ano pasado, haberá ocasión de coñecer de primeira man a experiencia de organizacións de cooperación ao desenvolvemento galegas e tamén do Sur Global, que participarán en liña. Pero tamén haberá contacontos, cinema e petiscos de comercio xusto.
Que organizacións participan en Compostela co Sur Global?
Compostela co Sur Global quere ser, ademais dunha oportunidade de coñecernos ONG e veciñanza, un exercicio de transparencia, xa que as organizacións que participarán nas conversas son receptoras da última convocatoria da subvención municipal a proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsada dende a Concellería de Dereitos Sociais.
Por tanto, a cidadanía compostelá poderá coñecer de xeito directo en que se materializou a súa aportación en países como El Salvador, Guatemala, Honduras, R.D do Congo ou Guinea Bissau.
Nestes momento estamos acabando de pechar as conversas, pero en breve poderemos detallar o seu contido e as súas protagonistas! O que podes facer xa é adiantar a túa inscrición neste encontro clicando aquí.
E despois das conversas…
As conversas e escoitadoiro previstos están pensados como formatos lixeiros, abertos ás preguntasdo público, pero a partir das 18:30 a xornada cambiará totalmente de rexistro.
Primeiro cunha pausa-café con produtos de comercio xusto para as asistentes ás conversase as organizacións participantes e, a partir das 19:00 co espectáculo de contacontos “Historias dun mundo grande”, a cargo de Bandullo Azul: un percorrido polo mundo a través de historias que falan de solidariedade e respecto por todas as culturas e persoas que habitan o mundo.
E ás 20:00, sesión de cinema, cunha selección sorpresa de curtametraxes que se adaptará ao perfil do público que a esa hora ocupe a súa cadeira fronte a pantalla. Falaremos de diversidade, migracións, valores…a través dunha escolma de pezas audiovisuais acompañadas por pipocas de millo para todas.
PROGRAMA PREVISTO
16.30. Benvida, coa concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, e a presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz
16:45. Conversas con organizacións galegas (información en ampliación)
17:45. Escoitadoiro con organizacións do Sur Global (información en ampliación)
18:30. Café e petiscos de comercio xusto para coñecernos mellor
19:00. “Historias dun mundo grande”, de Bandullo Azul. Contacontos para todos os públicos
20:00. Sesión de cinema: selección sorpresa de curtas con pipocas de millo.
20:45. Peche da actividade

