Xanelas ao mundo #EuQuedoNaCasa

Para pasar estes días na casa propoñemos películas, documentais e reportaxes que permitan abrir xanelas ao mundo e coñecelo en clave de xustiza social. Aquí van as nosas propostas #EuQuedoNaCasa!

Dereitos sexuais e reprodutivos no Salvador

En deuda con todas é un documental producido por AGARESO en colaboración con Asemblea de Cooperación pola Paz que pon o foco na vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres salvadoreñas e nas demandas dos colectivos feministas do país para unha lexislación libre de prexuízos ideolóxicos.

Festival online de cine documental e dereitos humanos

Entre Fronteras organizou un festival online estas últimos días no cal se proxectaron cinco documentais que retratan as vidas de persoas de Marrocos, Siria, México… Vidas marcadas polas desigualdades e as violencias mais tamén pola loita e a esperanza.

Podedes velo neste enlace>>>

Este foi o programa:

  • Tras la valla (19 min) – Minuto 33:26 (Agareso)
  • Djabawera (13 min) – Minuto 52:50
  • Las voces del Trueno (8 min) – Minuto 01:06:20
  • Migrantes Climáticos: España (7 min) – Minuto 01:14:35
  • Hermanos en Siria (5min) – Minuto 01:22:00
  • Aigua Tèrbola (28min) – Minutos 01:27.20 (Enginyeria Sense Fronteres)

O dereito a unha vivenda digna en Guatemala

El derecho a un techito é un documental de Agareso rodado en Guatemala sobre o dereito a unha vivenda digna. A peza foi gravada en colaboración con Arquitectura Sen Fronteiras e amosa o traballo que esta ONG desenvolveu nun país onde máis da metade da poboación vive en infravivendas de autoconstrución que non cumpren cunhas condicións hixiénicas e de seguridade mínimas.

Escolma de películas e documentais

A Coordinadora estatal de ONGD propón unha lista de largometraxes para coñecer mundo sen saír da casa. Podedes atopalas neste enlace>>>

O que acontece antes de migrar 

#Boza é un corto documental conta a migración por dentro. Alhassane, Aminata, Mamadou, Mariam e Yahya explican en primeira persona e coas súas propias imaxes como chegaron a Europa. Todos tiñan un mesmo obxectivo: facer un boza, pero que significa esta palabra que se pronuncia no momento de chegar? Podedes ver o corto aquí>>> da man da Revista 5W e o proxecto Beca Devreporter, da Lafede.cat.

 

O proxecto The Backway dos xornalistas Xavier Aldekoa e Agus Morales conta con reportaxes baseados na investigación xornalística e a imaxe documental sobre as principais rutas migratorias de África a Europa. Ante as continuas imaxes de migrantes cruzando -e naufragando- no Mediterráneo, queren falar do que pasa antes de chegar ao Mar. O que acontece antes de migrar.

 

Colombia. O rol das mulleres na construción da paz

Vivimos la guerra, construimos la paz é unha proposta audiovisual que recolle El Salto>>>. Fala do traballo da organiación International Action Peace xunto á sociedade civil e os movementos sociais de Colombia na transformación do conflito armado, con especial atención ao papel das mulleres (lideresas sociais, ex-combatentes, mulleres vitimizadas…). Vivimos la guerra, construimos la paz forma parte da Beca Devreporter, da Lafede.cat.

Seguiremos actualizando as propostas! Comparte as túas con nós!

#EuQuedoNaCasa