Pedimos a Pedro Sánchez que apoie a suspensión das patentes Covid-19

Máis de 80 organizacións do Estado español pedimos solicitamos ao goberno español que apoie a liberalización de patentes das vacinas contra a Covid-19 para facelas accesible a todas as persoas, sen importar onde vivan. 

21 Abril 2021 |

Esta é a carta aberta que  enviamos hoxe:

 

Señor presidente,

As novas variantes da COVID-19 demostran que non venceremos ao virus ata que o derrotemos en todas partes. Estamos no medio dunha das emerxencias de saúde pública máis graves da historia recente. Xa se perderon máis de 3 millóns de vidas en todo o mundo. A economía mundial pode perder billóns de dólares se a taxa de inmunización non aumenta rapidamente en todo o mundo. Os sistemas nacionais de saúde están preto do colapso, economías enteiras están dobregadas e o medio de vida de millóns de persoas está en xogo.

Un ano despois da adopción das primeiras medidas de confinamento en Europa, queda claro que se debe aumentar de maneira urxente e exponencial a fabricación e a dispoñibilidade de vacinas, test diagnósticos, medicamentos e equipos de protección, o cal require compartir de forma ampla o coñecemento, o know- how, os datos, os recursos e a propiedade intelectual, especialmente cos países de ingresos baixos e medianos.

Compartimos a posición do Director Xeral da Organización Mundial da Saúde, de máis de 100 gobernos nacionais, de centos de organizacións da sociedade civil e sindicatos, e unímonos a eles para instar á Comisión Europea e aos Estados Membros da UE a que debatan ao máis alto nivel, e apoien a exención de determinadas obrigacións recollidas nos Acordos sobre os Aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual relacionados co Comercio (ADPIC).

A exención proposta por Sudáfrica e a India facilitaría a posibilidade de compartir a propiedade intelectual e o know- how. Con esta iniciativa evitaríanse os monopolios xerados pola propiedade intelectual e eliminaría a inseguridade xurídica, ofrecendo a liberdade de operar e permitindo unha colaboración que aumente e acelere a dispoñibilidade, accesibilidade e asequibilidad das vacinas, probas e tratamentos para a Covid-19 a nivel mundial.

As nosas sociedades xa pagaron un alto prezo en vidas e en retroceso económico debido á pandemia, e isto non fai máis que crecer día a día. Ademais, hai grandes cantidades de diñeiro público detrás da innovación nas tecnoloxías para a COVID-19.

Está no interese de todos e todas traballar conxuntamente para asegurar que a vacinación chegue o máis rápido posible a toda a poboación e eliminar todos os obstáculos que o impiden. España e o resto de estados da UE deberían reconsiderar urxentemente a súa posición e apoiar a proposta de exención dos ADPIC, para protexer os dereitos das persoas á saúde, á vida e a un nivel de benestar adecuado.


Organizacións asinantes:

1 ADEMAF Asociación por los derechos de los mayores y sus familiares
2 AECOS (Asociación Extremeña de Comunicación Social)
3 AESCO (América España Solidaridad y Cooperación)
4 Alboan
5 Alianza por la Solidaridad
6 Amigos de la Tierra
7 Amnistía Internacional
8 Amref Salud África
9 Arquitectura Sin Fronteras
10 Asamblea de Cooperación por la Paz
11 Asociación Madrileña de Enfermería, AME
12 Asociación ATABAL (Atención a dependencias y adicciones)
13 Asociación de Enfermos de Hidrosadenitis- ASENDHI
14 Asociación de Pacientes con EPOC
15 Asociación Nicaragua Libre
16 Asociación Paz y Solidaridad de CCOO de Asturias
17 Asociación Plataforma por la Dignidad de las Personas Mayores en las Residencias
(PLADIGMARE)
18 Associació Cultural i Medi Ambiental Arrels
19 Associació de Jubilats per Mallorca
20 ATD Cuarto Mundo
21 Attac Mallorca
22 Bosco Global
23 Centre Delàs d’Estudis per la Pau
24 Colectivo Güeligaites, Asturies
25 Conceyu de Solidaridá y Xusticia de Langreo
26 CONGDEX (Coordinadora de ongs para el desarrollo Extremadura)
27 Coordinadora de ONG para el Desarrollo-España
28 Coordinadora de ONGD de CLM
29 Coordinadora Estatal de Comercio Justo
30 Coordinadora Estatal de VIH y sida CESIDA
31 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
32 EAPN – ES
33 Ecologistas en Acción
34 ELA
35 Entreculturas
36 Entrepueblos/ Entrepobles/ Entrepobos/ Herriarte
37 FACUA
38 Farmamundi
39 Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública
40 FELGTB Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans y Bisexuales
41 Fondo Verde
42 Foro Español de Pacientes
43 Fundación Anesvad
44 Fundación ATABAL (Cooperación y desarrollo en Sierra Leona)
45 Fundación CEPAIM
46 Fundación de Educación para la Salud (FUNDADEPS)
47 Fundación Economistas sin Fronteras
48 Fundación Iñaki Ochoa De Olza SOS Himalaya
49 Fundación Pedro Zerolo
50 Fundación porCausa
51 Fundación TRIÁNGULO Extremadura
52 FUNDACIONS DARDER MASCARO Mallorca, Illes Balears
53 Fundipau
54 Futuro en Común
55 Ingeniería Sin Fronteras Asturias
56 Instituto de Cooperación Internacional y Desarrollo Municipal – INCIDEM
57 ISGlobal
58 La llave del armario – Sa clau de s’armari
59 La tenda de tot el Món
60 Marea Blanca Rioja
61 Marea de Residencias
62 Médicos del Mundo
63 Médicos Sin Fronteras
64 Mensajeros de la Paz
65 No Somos Delito
66 Observatorio de Responsabilidad Social Corporativa
67 ONGAWA Ingeniería para el Desarrollo Humano
68 Ongi Etorri Errefuxiatuak
69 Oxfam Intermón
70 Paz y Desarrollo
71 Plataforma Extremeña de Solidaridad con Colombia
72 Radio ECCA, Fundación Canaria
73 Red Acoge
74 Red Cántabra contra la Trata y la Explotación Sexual
75 Red de ONGD de Madrid
76 Salud por Derecho
77 SETEM Madrid y CLM
78 Soldepaz Pachakuti
79 Solidaridad Manchega con los Pueblos del Tercer Mundo (SOLMAN)
80 STEI Intersindical
81 Unión Residencias de Leganés URL
82 USO
83 Yayoflautas

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: