A decisión do Goberno sobre o Sáhara é contraria ao dereito internacional

Recoñecer a decisión de Marrocos de converter ao Sáhara nunha das súas autonomías viola o dereito internacional e elude as responsabilidades de España como potencia administradora.

Fonte: IPPDH

De un día para outro e sen previo aviso. O Goberno español mudou a súa posición sobre o Sáhara ao aceptar que Marrocos considere a súa excolonia como unha autonomía. Tal decisión rompe coa legalidade internacional e alude ás responsabilidades que España ten como potencia administradora garante do dereito de autodeterminación do pobo saharauí.

 

Condenamos tal postura e chamamos ao Goberno de Pedro Sánchez a rectificar. España ten unha responsabilidade que non pode eludir. O proceso para garantir o dereito de autodeterminación dilatouse dende os acordos de Madrid (1975). O abandono que tódolos gobernos españois amosaron sobre esta situación debe finalizar. O voceiro da ONU Stéphane Dujarric, recordou que o conflito debe resolverse cun “compromiso pleno (das partes) co proceso político facilitado pola ONU”. A nosa acción exterior non pode ser cómplice da violación de dereitos humanos.

A decisión do Goberno español debe rectificarse; o regreso ao proceso de diálogo e camiño cara o referéndum de autodeterminación tamén.

 

Como xa denunciamos en novembro de 2020, o conflito bélico reactivouse porque Marrocos violou o alto ao fogo entre as partes, vixente dende 1991. As consecuencias sobre a poboación están sendo moi preocupantes. A situación de escalada de violencia e conflito na zona esixe garantir o coidado das persoas máis vulnerables. A medida que acaba de tomar o Goberno, sen contar coa poboación saharauí, é irresponsable e non axuda a mitigar a vulneración de dereitos nin o aumento da crispación na zona.

 

Corredores humanitarios e garantía de dereitos humanos

Alertamos do perigo que a decisión do Goberno pode supoñer sobre a vida das persoas que levan décadas sufrindo a violación dos seus dereitos máis esenciais. O noso traballo ao longo de décadas na zona amósanos que os riscos son enormes; as organizacións coas que traballamos alá dan voz de alerta.

En este contexto, é crucial que se retome o diálogo e se rectifique esta decisión. Nacións Unidas, asociacións da avogacía e ONG deixárono claro: os compromisos internacionais asumidos neste sentido deben ser cumpridos. Reclamamos, ademais, que se garanta o establecemento de corredores humanitarios para atender aos campos de refuxiados e refuxiadas saharauís, así como á poboación civil directamente afectada.

Os colectivos saharauís en España xa se están mobilizando. A cidadanía española xa deu tamén un paso ao fronte pola defensa dos dereitos do pobo saharauí. Algo que vén amosando durante décadas. Estanse organizando múltiples mobilizacións en diferentes localidades do Estado español. Animamos a participar nelas, defender a legalidade internacional e os dereitos da poboación saharauí. A decisión do Goberno español debe rectificarse; o regreso ao proceso de diálogo e camiño cara o referéndum de autodeterminación tamén.

 

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: